De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou esta resultou rexeitada, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Requirir os titulares dos predios relacionados para que procedan na súa obriga de xestionar a biomasa vexetal por comprobar na acta de inspección de referencia que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, polo que debe efectuar a xestión da biomasa no prazo de 15 días naturais desde a publicación deste decreto no BOE, e proceder á corta de eucaliptos, piñeiros, acacias e outras especies incluídas no anexo I da Lei 3/2007, así como a limpeza da maleza, nos terreos da súa propiedade de Salceda de Caselas que se relacionan a seguir:
|
Expediente |
Data acta comprobacion |
Ref. catastral |
Polígono |
Parcela |
Ubicación |
Titular |
|
1749/2025 |
4.7.2025 |
36049A033004030000KS |
33 |
403 |
Torrón |
Rodríguez Joaquina |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024003910000KU |
24 |
391 |
Urgueira |
En investigación |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024004080000KD |
24 |
408 |
Urgueira |
En investigación |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024004140000KJ |
24 |
414 |
Urgueira |
En investigación |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024004170000KZ |
24 |
417 |
Urgueira |
Piñeiro Alonso, Narciso |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024004210000KU |
24 |
421 |
Urgueira |
Perez Vila, Rosa |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024004220000KH |
24 |
422 |
Urgueira |
Ramilo Ramirez, Ángel (herdeiros de) |
|
2090/2025 |
27.8.2025 |
36049A012014350000KX |
12 |
1435 |
Pazo |
Fernández Fernández, Pelagio |
|
2090/2025 |
27.8.2025 |
36049A012014430000KZ |
12 |
1443 |
Pazo |
Fernández Fernández, Pelagio |
|
2136/2025 |
5.9.2025 |
36049A023003830000KH |
23 |
383 |
Eido Vello |
Ramírez Lago, Inocencio |
|
2149/2025 |
11.9.2025 |
36049A037007080000KF |
37 |
708 |
Cerqueiral |
En investigación |
|
1217/2024 |
21.6.2024 |
36049A041006730000KJ |
41 |
673 |
Outeiriño |
Estevez Rodríguez, Maria (herdeiros de) |
|
1293/2024 |
11.7.2024 |
36049A033003440000KH |
33 |
344 |
Serra |
Sequeiros Rodríguez, Ángel (herdeiros de) |
|
1343/2024 |
26.7.2024 |
36049A017009120000KT |
17 |
912 |
Sestelo |
Carballido Fernández Serafina |
|
1765/2024 |
30.8.2024 |
36049A037002170001LE |
37 |
217 |
Muíños |
Estévez Rodríguez, Dolores (herdeiros de) |
|
1867/2024 |
17.10.2024 |
36049A015001270000KT |
15 |
127 |
Fontán |
Méndez Fandiño, Manuel (herdeiros de) |
|
1867/2024 |
17.10.2024 |
36049A015001280000KF |
15 |
128 |
Fontán |
Lemos Romero, José Antonio (herdeiros de) |
|
1867/2024 |
17.10.2024 |
36049A015010590000KY |
15 |
1059 |
Fontán |
Lemos Morais, Antonio |
|
1986/2024 |
22.10.2024 |
36049A020012550000KI |
20 |
1255 |
Lavandeira |
Vaqueiro Barros, José (herdeiros de) |
|
1986/2024 |
22.10.2024 |
36049A020012570000KE |
20 |
1257 |
Lavandeira |
Martínez Estévez, Rosa |
|
2625/2024 |
30.12.2024 |
36049A044007370000KQ |
44 |
737 |
Sobredo |
Fernández Alonso, Beatriz |
|
0065/2025 |
20.1.2025 |
36049A022000740000KR |
22 |
74 |
Presa |
Puente Estévez, Miguel |
|
0065/2025 |
20.1.2025 |
36049A022000770000KI |
22 |
77 |
Presa |
Estevez Estevez Rosendo |
|
0213/2025 |
11.2.2025 |
36049A020014550000KH |
20 |
1455 |
Lavandeira |
Dominguez Perez Fortunato |
|
1749/2025 |
4.7.2025 |
36049A033004040000KZ |
33 |
404 |
Torrón |
Sestelo Nuñez Josefina (herdeiros de) |
|
1804/2025 |
10.7.2025 |
36049A017005990000KR |
17 |
599 |
Paxariña |
Rodríguez Gonzalez Constantino (herdeiros de) |
|
2070/2025 |
28.8.2025 |
36049A023000190000KI |
23 |
19 |
Barral |
Proinver Gestion Patrimonial, S.A. |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024003920000KH |
24 |
392 |
Urgueira |
Pérez Fernández, Nemesio Julián |
|
2077/2025 |
27.8.2025 |
36049A024004200000KZ |
24 |
420 |
Urgueira |
Alonso Alonso, Dolores (herdeiros de) |
Segundo. Requirir a persoa denunciada que unha vez limpa a parcela deberá dar conta ao Concello de Salceda de Caselas, co fin de levar a cabo a inspección dos traballos realizados.
Terceiro. Faise constar que, no caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
Cuarto. Advírtese que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
m² afectados por execución subsidiaria |
Custe do tratamento |
Liquidación provisional (€) |
|
1749/2025 |
36049A033004030000KS |
615 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
717,71 |
|
2077/2025 |
36049A024003910000KU |
1.845 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
1.153,14 |
|
2077/2025 |
36049A024004080000KD |
207 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2077/2025 |
36049A024004140000KJ |
219 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2077/2025 |
36049A024004170000KZ |
7 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2077/2025 |
36049A024004210000KU |
120 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2077/2025 |
36049A024004220000KH |
321 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2090/2025 |
36049A012014350000KX |
324 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2090/2025 |
36049A012014430000KZ |
469 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2136/2025 |
36049A023003830000KH |
2.411 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
1.353,49 |
|
2149/2025 |
36049A037007080000KF |
247 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1749/2025 |
36049A033004030000KS |
615 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
717,71 |
|
1217/2024 |
36049A041006730000KJ |
349 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1293/2024 |
36049A033003440000KH |
3.269 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
2.134,62 |
|
1343/2024 |
36049A017009120000KT |
664 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
831,98 |
|
1765/2024 |
36049A037002170001LE |
295 |
3.953,15 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1867/2024 |
36049A015001270000KT |
55 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1867/2024 |
36049A015001280000KF |
302 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1867/2024 |
36049A015010590000KY |
459 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1986/2024 |
36049A020012550000KI |
88 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1986/2024 |
36049A020012570000KE |
153 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
2625/2024 |
36049A044007370000KQ |
120 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
0065/2025 |
36049A022000740000KR |
648 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
729,39 |
|
0065/2025 |
36049A022000770000KI |
926 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
827,80 |
|
0213/2025 |
36049A020014550000KH |
385 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
|
1749/2025 |
36049A033004040000KZ |
1.075 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
880,55 |
|
1804/2025 |
36049A017005990000KR |
1.860 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
1.158,44 |
|
2070/2025 |
36049A023000190000KI |
4.137 |
874,91 €/ha custo mínimo de 500 € |
861,98 |
|
2077/2025 |
36049A024003920000KH |
2.485 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
1.379,56 |
|
2077/2025 |
36049A024004200000KZ |
78 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 |
Quinto. Advírtese que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, en que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Sexto. Advertir, novamente ao interesado, que este concello está facultado para proceder á incoación do correspondente expediente de expropiación forzosa no suposto de incumprimento do disposto neste decreto ao tratarse de titulares descoñecidos, sempre e cando os custos da limpeza superen o valor catastral da parcela tal e como establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e normativa complementaria.
Sétimo. Notificar este acordo aos interesados neste expediente administrativo a través da publicación no BOE e o DOG, segundo o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpor alternativamente:
a) Recurso de reposición potestativo ante a alcaldesa deste concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso- administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
c) Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito
Salceda de Caselas, 23 de marzo de 2026
Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa
