DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Casas Novas.

Mediante o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de marzo de 2026, adoptouse, entre outros, o Acordo de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Casas Novas (expediente 2024/U035/000001).

Constan no certificado do Pleno os seguintes acordos:

Primeiro. Acordar a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Casas Novas (PEID), non previsto nas NN.SS., asinado polo arquitecto COAG nº 3.254, Pablo Márquez Martínez de San Vicente, e presentado o 3.3.2026 (202699900002242) por Jaime Francisco Carro Merchán, en nome de Pontegadea España, S.L., con CIF B82707720.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo, publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia á dirección electrónica en que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderá consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://sede.arteixo.org/sxc/gl/informacion/

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Arteixo, 6 de abril de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo