En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: María Eugenia Soutullo Martínez e Mónica Penas Maquieira.
Expediente: DH.A36.102118.
Volume total anual: 83,93 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,42 l/s.
Destino: rega.
Orixe: pozo en ref. catastral 4085102NG2948N0001SF.
Lugar: Xuviño.
Parroquia: Combarro.
Concello: Poio.
Descrición:
A auga do pozo bombéase ás parcelas 4185175NG2948N0001SF, 4185163NG2948N0002QG e 4185162NG2948N0001FF para a súa rega.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 11 de marzo de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
