DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Barreiros (expediente DH.W27.109313).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Cristina Iglesias Novo.

NIF: ***5452**.

Expediente: DH.W27.109313.

Lugar: Entrerríos.

Parroquia: San Miguel de Reinante.

Concello: Barreiros.

Descrición das actuacións: reforma de vivenda e peche, na parcela con referencia catastral 6030605PJ4263S, na zona de policía do rego Forcón.

A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na Rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 18 de marzo de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña