DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 8 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de ampliación da potencia da planta solar fotovoltaica PSFV Porto Barroso a 990 kW, situadas no concello de Vilalba, promovidas por Tecnorenova Solar, S.L. (expediente FV 26/2025).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Tecnorenova Solar, S.L. (NIF B27504604).

Domicilio social: polígono Sete Pontes, rúa Cerdeira, P-A2B, Vilalba (Lugo).

Denominación do proxecto: ampliación de potencia da planta solar fotovoltaica PSFV Porto Barroso a 990 kW Rev 1.

Concello afectado: Vilalba (Lugo).

Potencia instalada autorizada (exp. LU 2021-03): 750 kW.

Potencia instalada despois da ampliación: 990 kW.

Orzamento de execución material da ampliación: 28.186,7 €.

Localización da planta fotovoltaica:

Polígono

Parcela

Ref. catastral

111

867

27065A111008670000MK

As principais actuacións e instalacións proxectadas son as seguintes:

– Ampliación da potencia nominal da planta fotovoltaica existente, dos 750 kW actuais ata 990 kW (1.078,55 kWp):

• Reconfiguración dos inversores 1 e 9 existentes e actualmente limitados a 60 kW, para unha potencia máxima de saída de 110 kW por inversor.

• Reconfiguración dos restantes inversores 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8 existentes e actualmente limitados a 90 kW, para unha potencia máxima de saída de 110 kW por inversor.

• Corenta e catro (44) módulos fotovoltaicos de 650 Wp, sobre estrutura de seguimento solar a un eixe.

• Once (11) módulos fotovoltaicos de 650 Wp, sobre estrutura prefabricada fixa de formigón con inclinación 20º sur.

• Noventa e seis (96) módulos fotovoltaicos de 550 Wp, sobre estrutura fixa prefabricada de formigón con inclinación 20º sur.

Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Documentación que se expón:

• Proxecto de execución: ampliación de potencia de la planta solar fotovoltaica PSFV Porto Barroso a 990 kW Rev 1, asinado o 16.2.2026 polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea e visado na mesma data co número 20260344 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Esta documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico renovables.medio-ambiente.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39, así como no Concello de Vilalba (Lugo).

Poderase consultar, ademais, no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

O que se fai público, de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Lugo, 8 de abril de 2026

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo