DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/86-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SAG703 no tramo entre os apoios 177 e 186, na Casa do Concello da Veiga, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 27 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo
ignorado ou non notificadas

Nº de expediente: IN407A 2024/86-3.

Instalación: Regulamentación LMTA SAG703 no tramo entre os apoios 177 e 186.

Concello: A Veiga.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 18 de maio de 2026.

Lugar: Casa do Concello da Veiga.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

2

Pena da Asgue

32084A048004130000RW

Descoñecido/a

13.15

3

O Porto

32084A048002370000RK

Descoñecido/a

13.15

6

Traslaira

32084A045004240000RY

Descoñecido/a

13.15

7

Traslaira

32084A045004380000RD

Descoñecido/a

13.15

9

O Santo

32084A045005420000RW

Descoñecido/a

13.15