DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Allariz (expediente IN407A 2024/57-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA SCV803 no treito entre os apoios cos números 46-51 e 46-53, na Casa do Concello de Allariz, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmos ou representadas por unha persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 27 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado
ou non notificadas

Nº de expediente: IN407A 2024/57-3.

Istalación: Regulamentación da LMTA SCV803 no treito entre os apoios cos números 46-51 e 46-53.

Concello: Allariz.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 2 de xuño de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Allariz.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

A Viña

32002A048006100000WY

Descoñecido/a

12.30