DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía do Matadoiro, e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724, no concello do Porriño.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía do Matadoiro, e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 27 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/520-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía do Matadoiro e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

4

36039A009005090000DY

Ribeira

Descoñecida

19 de maio de 2026

12.00