DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23092

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D22/2026, do 9 de abril, pola que se nomea profesora permanente laboral na praza PPL-05.

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesorado permanente laboral PPL-05 do Centro Universitario da Defensa, situado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada mediante a Resolución D114/2025, do 23 de decembro (DOG do 30 de decembro), e presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Débora Cores Carrera, con DNI ***7762**, profesora permanente laboral do CUD-ENM.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 9 de abril de 2026

José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa-Escola Naval
Militar de Marín