As condicións laborais do posto rexeranse polo establecido no Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro, polo que se regula a organización, a promoción e a carreira profesional do persoal de investigación de carácter laboral nos organismos de investigación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
– 1 técnico superior de investigación en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: DEEPQUANTUM-26-TS-INV1.
O contrato de actividade científico-técnica previsto no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, realizarase a xornada completa.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026
José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
