DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 23089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de convocatoria da oferta de emprego de 2025 (parte) e de 2026.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 200, do 20 de outubro de 2025, publícanse integramente as bases xerais, e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 64, do 7 de abril de de 2026, publícanse integramente as bases específicas das prazas que se indican a seguir:

– Oferta de emprego 2025.

Funcionario/a de carreira.

Quenda libre.

Escala: Administración xeral. Escala: administrativa. Denominación: administrativo/a. Número de vacantes: 4. Grupo C1.

– Oferta de emprego 2026.

Funcionario/a de carreira.

Promoción interna.

Escala: Administración especial. Escala: básica. Denominación: oficial de policía. Número de vacantes: 1. Grupo C1.

Quenda libre.

Escala: Administración especial. Escala: técnico superior. Denominación: técnico/a de xestión ambiental. Número de vacantes: 1. Grupo B.

Escala: Administración especial. Escala: técnica. Denominación: técnico/a de cultura e deporte. Número de vacantes: 1. Grupo A2.

Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Denominación: oficial/a enterrador. Número de vacantes: 1. Grupo C2.

Escala: Administración xeral. Escala: superior. Denominación: avogado/a de disciplina urbanística (a media xornada). Número de vacantes: 1. Grupo A1.

Persoal laboral fixo.

Quenda libre.

Servizos xerais. Denominación: persoal de limpeza de locais (75 % da xornada). Categoría profesional: 5. Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poio, 7 de abril de 2026

Ángel Moldes Martínez
Alcalde