DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23184

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2026.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Orde do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2026, e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento das razas autóctonas galegas convocadas para o ano 2026 ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo I, e desestimar a solicitude de axuda que se relaciona no anexo II polos motivos indicados.

Segundo. Informar dos seguintes aspectos:

1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR536A).

2. Aplicación orzamentaria: 15.04.713C.781.1 e crédito orzamentario: 270.000 €.

A dotación orzamentaria da orde de que derivan as presentes axudas procede dos orzamentos xerais do Estado (172.619 euros) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (97.381 euros).

3. Finalidade:

– O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

– A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

– A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

– A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

4. Destinatarios: as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os requisitos.

5. Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Entidades beneficiarias e importe concedido:

Núm. expediente

Entidade

NIF

Contía

LIXEN/2026/15/0001

Puraga-Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega

G27334168

27.000,00 €

LIXEN/2026/27/0001

Asoporcel-Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta

G27243500

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0001

Asovega-Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega

G32267296

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0002

Avimos-Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos

G32278251

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0003

Cachega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena

G32253619

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0004

Caldega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Caldelá

G32253593

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0005

Capriga-Asociación de Criadores da Raza Cabra Galega

G32413668

27.000,00 €

LIXEN/2026/32 /0006

Frieirega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Frieiresa

G32253627

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0007

Limiaga-Asociación de Criadores da Raza Bovina Limiá

G32253585

27.000,00 €

LIXEN/2026/32/0008

Vianega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Vianesa

G32253601

27.000,00 €

ANEXO II

Solicitudes de axuda desestimadas polos motivos indicados na táboa:

Núm. expediente

Entidade

NIF

Motivo de denegación

LIXEN/2026/27/0002

CMVMC de Castromayor

V27259662

Non cumpre os requisitos establecidos no artigo 3 para ser entidade beneficiaria