
O 12 de setembro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 176 a Resolución do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia ao abeiro da segunda convocatoria do mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN848G); corrección de erros, DOG núm. 181, do 19 de setembro de 2025; modificada pola Resolución do 8 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 10 de xaneiro).
Conforme o artigo 7 da citada resolución, relativo ao financiamento, as subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación nas aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo.
|
Aplicación |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.770.0 (CP: 2023-00007) |
400.000 € |
400.000 € |
200.000 € |
1.000.000 € |
|
Total |
400.000 € |
400.000 € |
200.000 € |
1.000.000 € |
O apartado 2 do citado artigo establece que poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria despois da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación orzamentaria que proceda.
Segundo engade o artigo 30.2 do mesmo regulamento, o órgano competente para a concesión deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios nos que publicou a convocatoria, sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazos para resolver.
Unha vez avaliadas as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria, e constatado que o crédito inicialmente consignado resulta insuficiente para atender a totalidade das solicitudes que cumpren os requisitos establecidos, e conforme o establecido nos mencionados artigos 7.2 da Resolución do 10 de setembro de 2025 e 30.2 do regulamento de subvencións, considérase procedente ampliar o crédito inicialmente previsto nun importe de trescentos cincuenta e catro mil oitocentos dezanove euros con cinco céntimos (354.819,05 €), co obxecto de dar cobertura á totalidade das solicitudes avaliadas favorablemente.
De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, logo da proposta do director de Área de Xestión, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, Decreto 11/2009 do 8 de xaneiro, no uso das competencias atribuídas,
RESOLVO:
Primeiro. Ampliar o importe total do crédito destinado ás axudas establecidas na Resolución do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia ao abeiro da segunda convocatoria do mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN848G), por un importe de 354.819,05 €, e con cargo á aplicación orzamentaria 07.A2.561A.770.0 (CP: 2023-00007).
Esta ampliación dos créditos da convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 7.2 da Resolución do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia.
Unha vez efectuada esta ampliación, o crédito total destinado a estas axudas ascende a un millón trescentos cincuenta e catro mil oitocentos dezanove euros con cinco céntimos (1.354.819,05 €) distribuído como segue:
|
Aplicación |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|
07.A2.561A.770.0 (CP: 2023-00007) |
705.899,35 € |
538.979,22 € |
109.940,48 € |
1.354.819,05 € |
|
Total |
705.899,35 € |
538.979,22 € |
109.940,48 € |
1.354.819,05 € |
Segundo A publicación desta resolución non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Disposición derradeira única
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
