DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23199

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística.

Mediante a Resolución do 12 de marzo de 2026 (DOG núm. 53, do 20 de marzo), publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 16 de febreiro de 2026.

Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais, e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

RESOLVE:

Primeiro. Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatística.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Pérez-Gorostiaga

Silva

Fernando

***0551**

4, 13

Varela

dos Santos

Isabel

***8159**

10

Relación das causas de exclusión:

Cód. causa

Causas de exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/escala desde o/a cal concursa

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo