Na sesión que tivo lugar o 6 de abril de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a relación de persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico. De acordo co disposto na base II.1.1.2, superaron o segundo exercicio as persoas que obtivesen o resultado de apto/a en cada unha das tres probas de aptitude física do segundo exercicio.
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026
José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal
