DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto do sistema de almacenamento de enerxía Bess Poza de 16,2 MWh, no concello de Cerceda (A Coruña) (expediente 2024/0283).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 31 de marzo de 2026 do proxecto do sistema de almacenamento de enerxía Bess Poza de 16,2 MWh, no concello de Cerceda (A Coruña), promovido por Gobela GE, S.L.U.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 7.8.2025)
Alejandro Carrera López
Subdirector xeral de Avaliación Ambiental