DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a memoria descritiva das instalacións do establecemento de beneficio mineiro e o seu plan de restauración para a regularización das instalacións que constitúen o establecemento de beneficio titularidade da empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), no concello de Frades (A Coruña).

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espacio afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), este departamento territorial

ACORDA:

Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, a memoria descritiva das instalacións do establecemento de beneficio titularidade da empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa), no concello de Frades (A Coruña) e o plan de restauración correspondente ás ditas instalacións.

O anterior resulta necesario dentro do procedemento de declaración da caducidade da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Cruceiro II, número 22, situada no concello de Frades, provincia da Coruña, na cal se atopan as ditas instalacións de beneficio, polo que se expón como documentación complementaria o proxecto de peche e clausura da dita autorización.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, edificio administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:

https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/T7nDBcXyKbgnKQ2

As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 4 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña