DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Biovigo Energy, S.L. para a planta de produción de biodiésel no concello de Curtis (A Coruña) (expediente 2025-IPPC-M-82).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción de biodiésel

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Biovigo Energy, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2022-IPPC-119_370

Localización: concello de Curtis (A Coruña)

Expediente: 2025-IPPC-M-82

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca 2022-IPPC-I-119), ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade