DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANI-LU-0106/2025-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 27 de marzo de 2026

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

ANI-LU-0106/2025-V

60719530J

Proposta de resolución

Pola instrutora

ANI-LU-0123/2025-V

34279575F

Proposta de resolución

Pola instrutora

ANI-LU-0026-2026-V

33335655F

Acordo de incoación

Polo director territorial

ANI-LU-0026-2026-V

33328871P

Acordo de incoación

Polo director territorial