DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2022/270-1).

Expediente: IN407A2022/270-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo ao proxecto de regulamentación da LAMT POT810 San Crimenzo-Olveira 10 entre os apoios 9CP31FTV//D53 e 9CKLU1H6//D53-6.

Concello: Dumbría.

1. Feitos:

O 9.9.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co fin de realizar obras de regulamentación nun tramo da liña de distribución de media tensión denominada LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291) por danos e irregularidades, no concello de Dumbría.

O 12.7.2024 emitiuse a resolución de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica no concello de Dumbría.

O 9.3.2026, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un escrito en que solicita unha nova declaración de utilidade pública para os efectos da necesidade de urxente ocupación de bens afectados, ao detectarse que a relación de parcelas para as que se declarou a utilidade pública na Resolución do 12.7.2024 non se corresponde cos requirimentos técnicos do proxecto, polo que se deben engadir as parcelas que figuran no anexo deste acordo.

2. Características técnicas:

• Actuación 1: regulado da LMTA a 20 kV, de 21 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 9CP31FTV//D53 existente da LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291) e remate no apoio núm. 9COLB5R4//D53-1 existente.

• Actuación 2: substitución do condutor no tramo LMTA a 20 kV, de 218 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 9COLB5R4//D53-1 existente da LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291) e remate no apoio núm. 9CKLU1H6//D53-6 existente.

• Substitución dos apoios existentes na LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291):

– AP 9CN6NDFQ//D53-3 de tipo madeira con cruceta en disposición triangular por un apoio tipo celosía AAL-C-1000-14 (800-1500) - Cruceta H-35 - 6xCA-(CS).

– AP 9CLGATFF//D53-5 de tipo madeira con cruceta triángulo por un apoio tipo celosía A-AL-C-2000-12 (2000-600) - Cruceta H-35 -6xCA-(CS).

• Desmantelamento dos apoios existentes na LMTA POT810 San Crimenzo-Olveira 10 (IN407A 09/291): AP 9CO2L3HP//D53-2 de tipo madeira con cruceta e AP núm. 9CMC8JHD//D53-4 de tipo madeira con cruceta en disposición triangular.

3. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, que poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Dumbría

Núm. parcela

Paraxe

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

4

Lugar Fonte da Roza

15034A505001710000BM

Rústico agrario

Áurea Amalia García García

3,87

22,28

5

Lugar Fonte da Roza

15034A505001720000BO

Rústico agrario

Ubaldino Carreira Mouzo

39,59

11

Lugar Grixa Moura

15034A505001680000BM

Rústico agrario

Cipriano Trillo Priegue

1,3

19,68

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.