DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2026/005-1).

Expediente: IN407A 2026/005-1.

Promotora: Seagull Paseo de Ronda, S.L.

Denominación do proxecto: liña de media tensión subterránea, centro de transformación e liña de baixa tensión subterránea para a alimentación ao edificio sito en Paseo de Ronda núm. 32 (A, B, C).

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 8.1.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de dotar de subministración eléctrica un edificio de nova construción.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Liña de media tensión subterránea, centro de transformación e liña de baixa tensión subterránea para a alimentación ao edificio sito en Paseo de Ronda núm. 32 (A, B, C), que comprende os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado Liña de media tensión subterránea, centro de transformación e liña de baixa tensión subterránea para a alimentación ao edificio sito en Paseo de Ronda núm. 32 (A, B, C), asinado por Ana María Cruz Carro, enxeñeira técnica industrial eléctrica, núm. colexiada 2.026 da Coruña, o 20.1.2026, con núm. de visado 113/26-CO, do 20.1.2026.

2º. Anexo ao asinado por Ana María Cruz Carro, enxeñeira técnica industrial eléctrica, núm. colexiada 2.026 da Coruña, o 12.2.2026, con núm. de visado 113/26-CO do 12.2.2026.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Coruña e Patrimonio Cultural. Posteriormente, achegouse a licenza municipal e a declaración de non afectación a bens de patrimonio.

4. O día 13.2.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Pedro Ferrer, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Nova liña de media tensión subterránea en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm²) Al, cunha lonxitude total de 8 metros (entrada e saída do CT), coa orixe e fin nos empalmes que se realizarán na LMTS SPV-711, unha vez que entre e saia do novo centro de transformación proxectado.

• Novo CT manobra exterior de 400 kVA compacto, 2L+1P, con celas baixo envolvente metálica e relación de transformación 15.000/400 V.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• De ser o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) nº 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe eléctrica.

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 16 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña