Coa finalidade de atender necesidades de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) de carácter exclusivamente temporal, a Universidade de Vigo convoca un proceso selectivo para a ampliación de listas de agarda do seu persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, das seguintes escalas e subescalas:
|
Escala |
Subescala |
Subgrupo |
|
Axudante de arquivos, bibliotecas e museos |
Bibliotecas |
A2 |
|
Técnica especialista de bibliotecas |
Bibliotecas |
C1 |
|
Técnica especialista de apoio á docencia e á investigación |
Animalario |
C1 |
|
Auxiliar administrativa |
Administración |
C2 |
|
Auxiliar técnica de servizos xerais |
Conserxaría |
C2 |
O prazo para presentar solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. O texto íntegro de cada convocatoria figurará publicado no taboleiro de anuncios da Universidade de Vigo, así como na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/convocatorias-pas
Vigo, 8 de abril de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
