Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, da praza de secretario/a técnico/a de centros tecnolóxicos, da escala técnica, subescala secretario/a técnico/a, subgrupo C1, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución do 4 de xuño de 2024 (DOG do 14 de xuño).
Verificada a concorrencia na aspirante aprobada dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.
De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala técnica, subescala secretario/a técnico/a, subgrupo C1, da Universidade da Coruña, a aspirante aprobada polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 1 de abril de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
Secretario/a técnico/a de centros tecnolóxicos
Escala técnica (secretario/a técnico/a), subgrupo C1
|
DNI |
Apelidos e nome |
Puntuación 2º exercicio |
Puntuación 3º exercicio |
Fase concurso |
Total |
|
***6910** |
Martínez Varela, Sonia |
36,60 |
28,80 |
18,14 |
83,54 |
