DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23241

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica (subescala prevención de riscos laborais), subgrupo A2, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, dunha praza da escala técnica (subescala prevención de riscos laborais), de técnico/a en prevención de riscos laborais, subgrupo A2, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución do 12 de xuño de 2024 (DOG do 24 de xuño).

Verificada a concorrencia na aspirante aprobada dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira como técnica en prevención de riscos laborais da escala técnica (subescala prevención de riscos laborais), subgrupo A2, da Universidade da Coruña, a aspirante aprobada polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de marzo de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica (subescala prevención de riscos laborais), subgrupo A2

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

2º exercicio

3º exercicio

Méritos

Puntuación total

***5815**

Diéguez

Delgado

María Esther

22,25

36,51

25,96

84,72