BDNS (Identif.): 897912.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/897912
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumando entre 25 e 64 anos que está matriculado en microcredenciais no curso 2025/26 e que se encontre nalgunha das seguintes situacións: discapacidade, desemprego ou vítima de violencia de xénero.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta convocatoria é dar resposta ás necesidades relacionadas coa formación permanente, de xeito que contribúa á cohesión social e a reducir as desigualdades.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 9 de abril de 2026 pola que se convocan bolsas para realizar microcredenciais incluídas no Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, no marco da compoñente 21, investimento 6, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de cento nove mil cento vinte e seis euros (109.126,00 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 10 ata o 27 de abril de 2026.
Vigo, 9 de abril de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Alfonso Lago Ferreiro
Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente
