DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 16 de abril de 2026 Páx. 23192

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 8 de abril de 2026 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de descarbonización e renovación industrial de industrias tractoras nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408N).

BDNS (Identif.): 880954.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880954

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes establecido no punto segundo do Resolvo da Resolución do 27 de xaneiro de 2026 ata o 1 de xuño de 2026.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026

Aïnhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica