Advertido erro na publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia número 68, do 14 de abril de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 22553, no artigo 7.2 das bases reguladoras, onde di:
«2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do oitavo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».
Debe dicir:
«2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».
Tendo en conta o anterior, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.
