Advertidos erros na publicación da citada resolución, publicada no DOG número 69, do mércores 15 de abril de 2026, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 22888, onde di:
«2. Que conviva co cónxuxe, parella de feito, fillos/as ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou suxeitos a unha medida de apoio:
a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2025 nun grao igual ou superior ao 75 %.
b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2025 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciba ingresos inferiores a 15.876 euros anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.».
Debe dicir:
«2. Que conviva co cónxuxe, parella de feito, fillos/as ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou suxeitos a unha medida de apoio:
a) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2026 nun grao igual ou superior ao 75 %.
b) Que teñan unha discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente antes do 1 de xaneiro de 2026 nun grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 75 % e perciban ingresos inferiores a 15.876 euros anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.».
