DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Allariz (expediente IN407A 2023/136-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas, na Casa do Concello de Allariz, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 31 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/136-3.

Instalación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas, 3.

Concello: Allariz.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 2 de xuño de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Allariz.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

3

Viñas

32002A082000810000WE

Herdeiros de Nieves Pérez Otero

12.45

6

Recostro

32002A082001630000WF

Herdeiros de Julio Fuentefría Ferradas

12.50

8

Fonte do Santo

32002A083007760000WT

Herdeiros de Rosario Álvarez Ferreiro

13.05