DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO da adxudicación dunha praza de peón de servizos múltiples como persoal laboral fixo.

Mediante a Alcaldía desta corporación, ditouse a Resolución 2026-0131 en que se nomea o aspirante Rubén Álvarez Rodríguez (34****2J) como persoal laboral fixo a xornada completa do Concello de Padrenda coa praza de peón de servizos múltiples.

O que se ditou de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co previsto na base 9ª das reguladoras do procedemento selectivo.

Padrenda, 25 de marzo de 2026

Manuel Pérez Pereira
Alcalde