DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de 1986 para o cambio de uso a equipamento sanitario-asistencial de dúas parcelas na zona 1 do sector urbano 50, sitas na rúa do Seminario, 11 e 15.

O Concello en Pleno en sesión ordinaria do 6 de marzo de 2026 adoptou, entre outros, o seguinte acordo cuxa parte dispositiva di:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación Urbana de 1986 para o cambio de uso a equipamento sanitario-asistencial de dúas parcelas na zona 1 do sector urbano 50, sitas na rúa do Seminario, 11 e 15, con referencias catastrais: 2487010NG9828N0001TH e 2487011NG9828N0001FH. O documento que se aproba é o contido no documento para aprobación inicial (DAI) presentado con data do 30 de xaneiro de 2026, integrado pola documentación asociada aos números de rexistro de entrada 2026007063 e 2026007086 do Rexistro Xeral do Concello de Ourense.

Segundo. Ordenar o sometemento desta modificación puntual ao trámite de información pública por prazo mínimo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia. Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal para acadar a maior difusión do acordo.

A documentación sometida a información pública comprenderá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluíndo un resumo executivo co contido mínimo exixido no número 6 do artigo 144 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Terceiro. Ordenar que, de conformidade co establecido no artigo 18.1.a), parágrafo segundo, da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbana de Galicia, e de xeito simultáneo ao trámite de información pública, se soliciten os informes sectoriais necesarios, de conformidade co previsto no anexo II do Regulamento da Lei do solo de Galicia, e se dera traslado da documentación do expediente á Dirección Xeral de Urbanismo, dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia, para os efectos de que esta solicite os informes sectoriais autonómicos preceptivos.

Cuarto. Contra este acordo, como acto de trámite non cualificado, que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe a interposición de recurso ningún, sen prexuízo dos que poidan interpoñerse contra o acto que poña fin ao expediente, baseándose na nulidade ou anulabilidade deste acordo».

A documentación estará á disposición no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello. Tamén se podrá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, do Concello de Ourense (rúa García Mosquera, núm. 19), das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 17 de marzo de 2026

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente