DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de concesión de augas no concello de Mondoñedo DH.A27.02198.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 33693445D a resolución do 24 de abril de 2025 ditada no expediente de concesión de augas DH.A27.02198.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña de Augas de Galicia, situadas na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico servizo.augas.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 44 17.

Así mesmo, indícase que, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor, de conformidade cos artigos 121 e 122 da LPAC, recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Lugo, 30 de marzo de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña