En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:
Solicitante: Bloques Cando, S.L.
NIF: B27160068.
Expediente: DH.W27.106714.
Lugar: parque empresarial.
Parroquia: Santiago.
Concello: Mondoñedo.
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na construción dunha nave e na modificación do peche e das instalacións dunha planta de formigón en seco, nas parcelas 25, 26 e 27 do parque empresarial de Mondoñedo, na parcela con referencia catastral 3518131PJ3131N, na zona de policía dun rego innominado.
A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na ronda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, con cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 23 de marzo de 2026
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
