DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 24037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 31 de marzo de 2026 sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4126/2025, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución desta administración, do 20 de xaneiro de 2025 e do 11 de marzo de 2025, ditada no expediente sobre modificación de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sanxenxo.

En cumprimento coa solicitude formulada pola Sección 02-02 da Sala do Contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en que se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4126/2025, interposto por Alejandra 2005, S.L., de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados na Resolución desta Administración do 20 de xaneiro de 2025 e do 11 de marzo de 2025, ditada en expediente sobre modificación de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sanxenxo, para que poidan presentarse ante a Sección 02-02 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contado desde a publicación deste anuncio.

O que se fai publico para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: PO 4126/2025.

Demandante: Alejandra 2005,S.L.

Demandado: EPE Portos de Galicia.

Xulgado: Sección 02-02 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Acto demandado: Resolución desta Administración do 20 de xaneiro de 2025 e do 11 de marzo de 2025, ditada en expediente sobre modificación de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sanxenxo.

Acto publicado: emprazamento aos interesados.