De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución dos expedientes é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018 no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante. |
DNI/CIF denunciado |
Feito denunciado. Data-hora-porto |
Precepto |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
|
Sanc. 12-21-25-24 9499-KKW Gardapeiraos |
32428712T |
Estacionamento prohibido 29.7.2025 16.15 horas Laxe (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-38-25-55 1907-KSF Guardia civil |
78804573H |
Estacionamento prohibido 9.8.2025 15.11 horas Muros (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 12-48-25-193 8155-KLJ Pafif |
B84449958 |
Estacionamento prohibido 12.7.2025 12.27 horas Ribeira (A Coruña) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-02-25-53 PO-0682-BM Gardapeiraos |
35455119K |
Estacionamento prohibido 30.5.2025 11.48 horas O Carril (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-10-25-02 5888-KSM Gardapeiraos |
Y7032520P |
Estacionamento prohibido 21.8.2025 10.37 horas Portonovo (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-14-25-02 7ª-MA-2-36-06 Cofraría de Raxó |
77405816Y |
Amarre sen autorización 24.8.2025 17.00 horas Combarro (Pontevedra) |
Artigo 131.b) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-27-25-73 0110-BYC Pafif |
35936876C |
Estacionamento prohibido 9.6.2025 16.00 horas Panxón (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-36-25-02 9024-BRX Gardapeiraos |
25929041Z |
Estacionamento prohibido 8.8.2025 12.40 horas Tragove (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 13-36-25-03 3333-JFV Gardapeiraos |
B91029967 |
Estacionamento prohibido 16.7.2025 12.43 horas Tragove (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
|
Sanc. 14-07-25-56 3422-JCH Gardapeiraos |
33859372Z |
Estacionamento prohibido 14.8-.025 10.37 horas Viveiro-Celeiro (Pontevedra) |
Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG) |
Artigo 137 da LPG |
90 € |
