DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 23967

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026 pola que se declara deserta a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería, convocado mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2026.

Mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 25 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se detalla no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido na base sexta da citada convocatoria, e co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e sección 3ª do capítulo II do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Código do posto: ED.701.00.000.15770.001.

Dependencia: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 7.714,00 euros.

Tipo de adscrición: A11.

Formación específica: 640.

Descrición dos códigos:

A11- adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

640- para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).