DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 23965

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 7 de abril de 2026 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

BDNS (Identif.): 899330.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/899330

Primeiro. Persoas beneficiarias

As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en Galicia.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % dos investimentos subvencionables, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo en Galicia. O centro de traballo poderá ser a propia infraestrutura que se vai crear.

Co fin de facilitar o acceso á axuda, permitirase que a persoa beneficiaria se poida constituír tras a presentación da solicitude de axuda, antes da resolución de concesión.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e das persoas consumidoras, e a modernización e o desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 7 de abril de 2026 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 e cos seguintes importes:

Fondos Feder: 1.500.000 € con cargo ao ano 2026, 1.500.000 € con cargo ao ano 2027, 2.250.000 € con cargo ao ano 2028 e 2.250.000 € con cargo ao ano 2029. Total: 7.500.000 €.

Fondos FCA: 500.000 € con cargo ao ano 2026, 500.000 € con cargo ao ano 2027, 750.000 € con cargo ao ano 2028 e 750.000 € con cargo ao ano 2029. Total: 2.500.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o dito prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica