DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 23905

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 23 de marzo de 2026 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e facultou a persoa titular da Dirección Xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e convocar as ditas axudas para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

Segundo. A convocatoria de axudas ten unha dotación de 10.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible; como cofinanciamento nacional, polo 40 % restante, computaranse os fondos propios da Comunidade Autónoma (20 %) e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias (20 %):

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3: o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Tipo de acción (CPSO) 1.3.01: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Subtipo de acción (CPSO) 1.3.1.2: apoio financeiro a proxectos agrupados de infraestruturas locais.

Tipo de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01–Empresas apoiadas.

RCO02–Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR02–Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Terceiro. O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será de dous meses, contados desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o dito prazo de dous meses.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Orixe de fondos

Ano 2026

Ano 2027

Ano 2028

Ano 2029

Total

09.A1.741A.7700

Feder

1.500.000 €

1.500.000 €

2.250.000 €

2.250.000 €

7.500.000 €

FCA

500.000 €

500.000 €

750.000 €

750.000 €

2.500.000 €

Total

10.000.000 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses, contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que poida exceder o 30 de xuño de 2029.

O prazo para presentar a solicitude de cobramento será dun mes desde a finalización do prazo de execución fixado na resolución de concesión.

O prazo para solicitar anticipos será ata o 10 de decembro para os gastos da anualidade 2026, ata o 15 de outubro de cada ano para os gastos das anualidades 2027 e 2028, e ata o 15 de marzo de 2029 para os gastos da anualidade 2029.

O prazo para xustificar os gastos incorridos en 2026 abranguerá ata o 31 de xaneiro de 2027. O prazo para xustificar os gastos incorridos en 2027 rematará o 15 de decembro de 2027. Para os gastos incorridos en 2028, rematará o 15 de decembro de 2028. O prazo para xustificar os gastos incorridos en 2029 rematará o 30 de xullo de 2029.

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que se debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

Esta liña de axudas, que ten como obxectivo estimular e apoiar o investimento empresarial privado, está aliñada co Plan estratéxico de Galicia 22-30, eixe 3: competitividade e crecemento; prioridade de actuación 3.3: Impulsar o crecemento e competitividade das pemes, a transición industrial e o emprendemento; obxectivo estratéxico 3.3.2: Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, apoiar o desenvolvemento de polos de desenvolvemento baseados nas TIC e das habilidades STEM en todas as fases do proceso educativo, e a competitividade do sector produtivo apostando por produtos de alto valor engadido diferenciados con base no compoñente tecnolóxico, a calidade e o deseño.

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e os consumidores, e a modernización e desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Neste contexto, a dispoñibilidade local de infraestruturas de apoio á industria beneficia de xeito especial as pemes, posto que lles permite acceder a produtos e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades. Encaixan, ademais, perfectamente no modelo de Digital Innovation Hubs (DIH), xa que un dos obxectivos dos hub é asegurar a prestación de servizos tecnolóxicos a pemes mediante a orquestración dun conxunto de activos, entre os cales poderían estar estas infraestruturas de apoio.

Os apoios diríxense ás pequenas e medianas empresas dos sectores de actividade máis importantes para Galicia, pola súa función decisiva na creación de emprego e por constituír un factor de estabilidade social e de desenvolvemento económico, así como polas especiais dificultades para acceder ao capital e ao financiamento.

O Igape, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúen a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

Estas axudas ampáranse no artigo 56 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación ao cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariño, economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e das persoas consumidoras, e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estarán á disposición das persoas usuarias interesadas dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.

b) Deberán permitir a utilización por parte das súas persoas destinatarias mediante unha estrutura de servizos tarificables en función do uso ou consumo que se realice. Non serán subvencionables os proxectos en que a persoa solicitante ou unha terceira persoa utilice de xeito exclusivo ou moi maioritario a infraestrutura para si ou para a execución de proxectos para terceiras persoas. Para os efectos destas bases, considerarase utilización moi maioritaria por parte dunha terceira persoa a que supere o 75 % da facturación da infraestrutura.

c) A concesión ou outro tipo de atribución a terceiras persoas para explotar as infraestruturas realizarase sobre unha base aberta, transparente e non discriminatoria, e tendo debidamente en conta as normas de contratación pública aplicables.

d) Deberán prestar servizos que non estean dispoñibles localmente no momento da solicitude, ou servizos cuxa oferta local non se axuste ás necesidades das empresas.

2. Non serán subvencionables os proxectos de desenvolvemento de infraestruturas de investigación, de agrupacións empresariais innovadoras, sistemas urbanos de calefacción e refrixeración enerxeticamente eficientes, infraestruturas de enerxía, reciclaxe e reutilización de residuos, infraestruturas de banda larga, cultura e conservación do patrimonio, infraestruturas deportivas e recreativas multifuncionais, aeroportos e portos.

3. O investimento subvencionable deberá ser superior a 100.000 € e inferior a 5.000.000 €.

4. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 (DOUE 30.6.2021, L 231), polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (en diante, RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención ao considerando 10 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixan os obxectivos ambientais que se van protexer:

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

5. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade, que poidan resultar de aplicación.

Do mesmo xeito, os proxectos financiados deberán garantir a protección fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), tendo en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. Estas axudas ampáranse no artigo 56 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

4. A convocatoria de axudas ten unha dotación de 10.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible; como cofinanciamento nacional, polo 40 % restante, computaranse os fondos propios da Comunidade Autónoma e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3: o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Tipo de acción (CPSO) 1.3.01: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Subtipo de acción (CPSO) 1.3.1.2: apoio financeiro a proxectos agrupados de infraestruturas locais.

Tipo de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

5. Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01–Empresas apoiadas.

RCO02–Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR02–Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto deberá comunicárselle ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en Galicia.

b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % dos investimentos subvencionables, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

c) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo en Galicia. O centro de traballo poderá ser a propia infraestrutura que se vai crear.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, segundo o artigo 1.3 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014.

d) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

e) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

3. As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non encontrarse en ningunha situación que as exclúa de ser persoas beneficiarias conforme este artigo. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as persoas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no número 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 para considerar unha empresa en crise.

4. Co fin de facilitar o acceso á axuda, permitirase que a persoa beneficiaria se poida constituír tras a presentación da solicitude de axuda, antes da resolución de concesión, tal e como se describe no artigo 7.

Artigo 5. Investimento subvencionable

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan de forma indubidable á infraestrutura subvencionada, conforme a Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027, e que se materialicen nos seguintes conceptos:

a) Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os cales o solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de cinco (5) anos, contados desde a data da posta en marcha da infraestrutura.

b) Adquisición de terreos, edificacións ou construcións por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable.

c) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

d) Outros investimentos en activos fixos materiais, incluído o mobiliario.

e) Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:

1º. Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.

2º. Deben ter a consideración de activos amortizables.

3º. Deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado.

4º. Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de tres (3) anos.

f) Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados e sempre que o arrendamento teña unha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

2. Os bens de equipo adquiridos deberán ser novos.

3. A suma dos investimentos correspondentes ás epígrafes a), b) e f) anteriores non poderá superar o 70 % do investimento total subvencionable.

4. Non se poderán conceder axudas ao abeiro destas bases para financiar os seguintes tipos de investimento, segundo o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Feder e ao Fondo de Cohesión e no Acordo de asociación para o OE 1.3:

– A construción de centros que presten servizos de formación.

– Infraestruturas residenciais para colectivos en risco de institucionalización.

– Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.

– Investimentos en eliminación de refugallos en entulleiras.

– Investimentos en aumentar a capacidade das instalacións para o tratamento de refugallos residuais, coa excepción de investimentos en tecnoloxías para recuperar materiais de refugallos residuais con fins de economía circular.

– Investimentos en máquinas, equipamento ou instalacións que consuman combustibles fósiles.

5. Os investimentos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Para tal efecto, a persoa solicitante deberá achegar unha declaración expresa incluída no formulario electrónico de solicitude de axuda.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

6. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución de convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.

7. A persoa beneficiaria deberá adquirir os bens obxecto de investimento en propiedade.

No caso de adquirilos mediante fórmulas de pagamento aprazado, os bens deberán pasar a ser de propiedade plena da persoa beneficiaria antes do remate do prazo de execución do proxecto, e neste momento deberá constar o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

8. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros, e en ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

9. Cando o importe subvencionable dos elementos que se van adquirir a un mesmo provedor supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares, e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3, do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación da persoa ofertante e da persoa destinataria: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos da persoa emisora ou da persoa destinataria cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificadas a persoa ofertante e a persoa destinataria.

d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, errores idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida logo da sucinta motivación de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

10. Cando se dean as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 9/2017, de contratos do sector público, a entidade beneficiaria deberá cumprir co disposto para os contratos subvencionados.

11. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

12. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE), así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional.

Artigo 6. Contía da axuda

1. O importe subvencionable calcularase como a diferenza entre os investimentos subvencionables e o beneficio de explotación ao longo do período de explotación do negocio definido no número 4 deste artigo, e non poderá superar os 5.000.000 €. A axuda acadará a intensidade do 80 % sobre o importe subvencionable, polo que non poderá superar os 4.000.000 €.

2. Entenderase como «beneficio de explotación», para os efectos destas axudas, a diferenza entre os ingresos actualizados e os custos de explotación actualizados mentres dure o investimento de que se trate. Para o cálculo, utilizarase unha taxa de desconto do 4 %. Se esta diferenza é negativa, o «beneficio de explotación» será nulo.

3. Entenderanse como «custos de explotación», para os efectos destas axudas, os custos de persoal, materiais, servizos contratados, comunicacións, enerxía, mantemento, alugueiros ou administración, excluíndo os gastos de amortización e os custos de financiamento se se cubriron mediante axudas ao investimento (incluída, pero non limitada a esta axuda). En particular, serán considerados custos de explotación:

a) O importe dos seguros que se establecen como obrigatorios no artigo 17.b) destas bases.

b) A amortización correspondente á substitución do investimento subvencionable debido á obsolescencia ou avaría.

c) A amortización correspondente ao reforzo e mellora da infraestrutura, sempre que non se financie mediante axudas ao investimento.

4. A axuda concederase con base no plan de viabilidade que presente a persoa solicitante (segundo o modelo de plan económico e cálculo da subvención incluído no formulario electrónico de solicitude). O plan de viabilidade referirase a un período de dez (10) anos desde a posta en marcha da infraestrutura. Se o período de amortización da infraestrutura é superior aos dez (10) anos, o valor residual dos activos subvencionados deberá terse en conta para o cálculo do beneficio de explotación, mediante o cálculo do valor neto actual dos fluxos de efectivo nos anos de vida útil restantes do investimento.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. A solicitude poderá presentala a peme de xeito individual ou ben formar, previamente á presentación da solicitude, unha agrupación de persoas físicas e/ou xurídicas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que se comprometan a constituír unha nova sociedade que finalmente será a beneficiaria. Ben que se permite que solicite a axuda esta agrupación, a condición de persoa beneficiaria enténdese referida á sociedade que se debe constituír antes da resolución definitiva da axuda, a cal establecerá como persoa beneficiaria a sociedade e non a agrupación nin as súas persoas membro.

No caso de optar por formar unha agrupación, deberanse facer constar expresamente nun documento ante notario os compromisos de constitución da nova sociedade e de achega económica a esta por parte de cada un dos membros da agrupación. En calquera caso, nomearase un representante único da agrupación (en diante, o líder), que presentará a solicitude de axuda en nome da agrupación e será o único interlocutor coa Administración ata o momento en que o Igape resolva o cambio de titularidade da axuda á nova sociedade.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

a) Identificación de cada un dos seus membros: razón social, NIF e nome e DNI do representante legal.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos membros da agrupación en canto á constitución da empresa no prazo sinalado e a súa achega económica.

d) Acordos de confidencialidade.

e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.

f) Sinatura de todos os membros.

g) Autorización ao Igape para recadar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude, que se cubrirá no anexo II das bases reguladoras.

2. Para presentar a solicitude, a persoa representante da peme individual ou a persoa líder da agrupación deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No dito formulario, a persoa representante da peme individual deberá realizar as seguintes declaracións relativas á persoa solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude a través do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA).

b) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea que declarase a axuda ilegal e incompatible co mercado común.

c) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación; en particular, a normativa en materia de subvencións, a normativa en materia de igualdade, a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, así como a normativa ambiental exixible, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no caso de que resulten de aplicación polas características ou localización do proxecto. Esta declaración cubrirase no anexo VI a estas bases reguladoras.

d) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

e) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda e para garantir a sustentabilidade financeira do proxecto. A esta declaración xuntaranse unha memoria financeira do proxecto e un plan de negocio a dez (10) anos, que se cubrirán no formulario electrónico de solicitude.

O Igape realizará as comprobacións necesarias para verificar que as persoas beneficiarias dispoñen dos recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento dos investimentos e para garantir a súa sustentabilidade financeira.

f) Que achegará unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de axuda pública, de polo menos un 20 % dos investimentos subvencionables, ben sexa mediante os seus recursos propios, ben mediante financiamento externo.

g) Que cumpre os criterios da definición de peme establecidos pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

h) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

i) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

j) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

k) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e os equipamentos subvencionados destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de mantemento dos investimentos definido no artigo 17.a) destas bases.

l) Se é o caso, que ten implantado un plan de igualdade, identificando o código do localizador no rexistro de convenios e acordos colectivos.

m) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

n) Que cumpre os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

o) Que cumpre co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.

p) Que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco (5) anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para iso, deberá ter en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2017 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate

q) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de dez (10) días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se considerarán desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para poderen presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/pae/afirma-anexo-psc).

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificado dixital, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación, o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no cal desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) No caso de que presente a solicitude a persoa líder da agrupación:

1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da sociedade que se vai constituír.

2º. Proxecto de estatutos da sociedade que se vai constituír.

3º. Documento de constitución da agrupación.

4º. Comprobación de datos das persoas partícipes da agrupación (anexo II).

b) Memoria descritiva do proxecto e do investimento proxectado, que se cubrirá no propio formulario electrónico de solicitude, no formato proposto pola aplicación.

c) Se é o caso, memoria dos activos que se achegan á sociedade para o funcionamento da infraestrutura, valorados por experto independente, indicando para cada elemento a data de adquisición ou incorporación, valor ou custo de adquisición e importe da amortización acumulada na data de incorporación á sociedade.

d) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, debe solicitar a persoa interesada, de acordo co establecido no artigo 5.8 destas bases, para os investimentos do proxecto de infraestrutura.

e) No caso de investimento en obra civil, deberán achegar os seguintes planos:

1º. Esbozo de localización dentro do termo municipal.

2º. Plano xeral acoutado das instalacións, no cal se diferencie a situación inicial da posterior ao investimento.

3º. Planos de distribución en planta, nos cales se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipo.

f) No caso de reforma en inmobles arrendados, ademais da documentación da letra e), a persoa solicitante deberá presentar o contrato de arrendamento do inmoble, cunha duración mínima de cinco (5) anos contados desde a data prevista de posta en marcha da infraestrutura.

g) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non encontrarse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (Reag).

h) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, na cal afirmen acadar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no ordinal 2º e con suxeición á súa regulación.

2º As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se acada o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor a que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan acadar o nivel de cumprimento requirido no ordinal 2º da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

i) Declaración responsable do cumprimento do principio DNSH (anexo IV a estas bases).

j) Documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), tendo en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate. Con todo, se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación en fase de xustificación, na cal a persoa promotora deberá acreditar a documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto. O Igape dispón dun servizo de axuda coa elaboración do informe. Pode solicitalo na seguinte ligazón: https://oficinaeconomicagalicia.xunta.gal/analiseclima

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Relativos á peme individual:

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 8 destas bases.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

b) Relativos á persoa partícipe da agrupación:

– DNI ou NIE da persoa partícipe da agrupación.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 8 destas bases.

– NIF da entidade partícipe da agrupación.

– NIF da entidade representante.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

c) Relativos á nova sociedade creada:

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 13.2 destas bases.

– NIF da nova sociedade creada.

– NIF da entidade representante.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude, no anexo II de comprobación de datos das persoas partícipes da agrupación ou no anexo III de declaración de constitución da nova sociedade, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es

Artigo 11. Órganos competentes

A competencia para a instrución do procedemento de concesión da subvención correspóndelle á Área de Competitividade do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, cuxas persoas membro serán designadas pola Dirección Xeral do Igape de entre o persoal da Área de Competitividade. Este órgano estará composto por un mínimo de tres persoas membro e contará cunha Presidencia e unha Secretaría con voz e voto. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Para a avaliación dos proxectos, o Igape poderá utilizar o sistema de defensa pública do proxecto. Tanto a memoria que acompañe a solicitude requirida no artigo 8.1 como a defensa pública deben responder de forma clara e explícita a cada un dos criterios de avaliación de proxectos deste punto.

No caso de defensa pública do proxecto, os aspirantes serán convocados cunha antelación mínima de dez (10) días hábiles. Na convocatoria indicaranse a data, o lugar e a hora da intervención. Posteriormente, procederase a efectuar o chamamento para que unha persoa representante da agrupación ou da empresa solicitante realice a exposición e defensa do proxecto. As persoas membro do órgano avaliador poderán efectuar preguntas para unha mellor comprensión do proxecto. Se unha empresa ou agrupación non se presenta á exposición pública, a súa solicitude será denegada. De ser imposible a asistencia, a empresa ou agrupación deberá notificalo antes da data establecida, co fin de que se lle asigne unha nova data.

3. Finalizada, se é o caso, esta fase de exposición e defensa, o órgano avaliador procederá a puntuar cada proxecto de acordo cos seguintes criterios de avaliación:

a) Interese para o tecido empresarial de Galicia da infraestrutura: 25 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes parámetros:

i. Grao de necesidade da infraestrutura baseado nos servizos ofertados, na inexistencia previa no territorio de infraestruturas competidoras e non interferencia con iniciativa privada local: ata 10 puntos.

ii. Número e dimensión económica das persoas axentes promotoras da infraestrutura, así como das entidades usuarias ou interesadas no proxecto que establezan claramente o seu interese mediante as correspondentes cartas de adhesión motivadas: ata 5 puntos.

iii. Grao de innovación tecnolóxica da infraestrutura: ata 5 puntos.

iv. Vantaxes ambientais, de existiren: ata 5 puntos.

b) Tipoloxía de solicitante: ata 15 puntos.

i. Peme individual preexistente: 0 puntos.

ii. Proposta de nova sociedade formada por dúas ou máis pemes preexistentes: 5 puntos por cada empresa a partir da segunda.

c) Achegas públicas ou privadas (que non formen parte dos investimentos subvencionables) ao proxecto na forma de fondos, inmobles, instalacións, compromisos de cesión a longo prazo, equipamento e outros: 10 puntos, que se avaliarán de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas, asignando maior puntuación ás solicitudes cuxas achegas sexan máis importantes cualitativa ou cuantitativamente.

d) Plan de explotación e modelo de xestión: 20 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes parámetros:

i. Sustentabilidade, coherencia, concreción do plan de negocio presentado, obxectivos do proxecto e xustificación con base nestes da necesidade das partidas económicas consignadas: ata 5 puntos.

ii. Sistema de acceso para terceiros, marco de admisión, regulación e tarificación, limitacións, contraprestacións e outras características; primarán aquelas que supoñan un maior beneficio para os usuarios da infraestrutura: ata 7 puntos.

iii. Período de amortización dos investimentos para os cales se solicite axuda; primarán aqueles que teñan un baixo período de amortización: ata 5 puntos.

iv. Compromisos de contratación de persoas con discapacidade ou diversidade funcional máis aló dos mínimos establecidos: ata 3 puntos.

e) Impacto do plan de actividades asociado á infraestrutura: 10 puntos, que se avaliará de xeito comparativo entre as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes parámetros:

i. Actividades de formación, difusión e dinamización do tecido económico propostas: ata 5 puntos.

ii. Actividades de fomento da internacionalización e innovación: ata 3 puntos.

iii. Actividades de atracción de talento e fomento do emprendemento e outras similares: ata 2 puntos.

f) Proposta asociada a un hub de innovación dixital declarado estratéxico para Galicia, que se asignará a un máximo de dous proxectos por cada hub estratéxico: 15 puntos.

g) Implantación nun concello emprendedor recoñecido na listaxe pública do enderezo electrónico https://economia.xunta.gal/concellos-emprendedores: 5 puntos.

No caso de empate nas puntuacións, decidirase a favor do proxecto que obteña máis puntos na valoración dos criterios a), b), c), d), e), f) e g), sucesivamente. Se aínda así segue existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), decidirase a favor do proxecto en que se prevexa a implantación dun plan de igualdade. De persistir o empate, daráselles preferencia aos proxectos segundo a súa orde de presentación.

4. O órgano avaliador considerará unicamente as solicitudes que acaden 40 puntos e elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, mediante o seguinte procedemento:

a) Estableceranse tres tramos de proxectos para os cales se reservarán distintas cantidades de orzamento das previstas na convocatoria:

– Tramo 1: proxectos cuxa axuda solicitada non supere os 500.000 €, para os cales se reservará un 10 % do importe da convocatoria.

– Tramo 2: proxectos cuxa axuda solicitada sexa maior de 500.000 € pero que non supere os 2.000.000 €, para os cales se reservará un 30 % do importe da convocatoria.

– Tramo 3: proxectos cuxa axuda solicitada sexa maior de 2.000.000 €, para os cales se reservará un 60 % do importe da convocatoria.

b) Seguindo a orde de prelación establecida no punto anterior, en orde decrecente de puntuación, asignaranse sucesivamente proxectos a cada reserva de tramo mentres haxa crédito suficiente, para que toda a necesidade de axuda do proxecto encaixe na reserva.

c) Unha vez finalizada a asignación por tramos, o importe non utilizado en cada unha das reservas de tramo concentrarase nunha única reserva orzamentaria, e repetirase a asignación entre os proxectos non asignados previamente, sen ter en conta, neste caso, o tramo a que pertenzan.

d) Os proxectos asignados segundo este procedemento pasarán a formar parte da lista de proxectos seleccionados.

e) O resto dos proxectos que superen os 40 puntos pasarán a formar parte da lista de reserva, e conservarase a súa orde de prelación para a asignación de axuda no caso de renuncias ou incumprimentos.

Artigo 13. Proposta provisional

1. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión formulará, a partir da relación de solicitudes puntuadas, a proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que publicará na páxina web do Igape no enderezo https://spiga-sede.igape.es

No prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta proposta provisional, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren oportunas.

2. No caso de que a solicitude a presente a persoa líder da agrupación, as persoas membro deberán constituír a nova sociedade, que será a que reciba a axuda, e notificarllo ao Igape no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da proposta provisional. En particular, deberán presentar, mediante copia dixitalizada a través do enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es, a seguinte documentación:

a) Declaración de constitución da nova sociedade segundo o modelo do anexo III a estas bases, que inclúe as declaracións responsables e a autorización relativa á consulta de datos para a nova sociedade constituída.

b) Documentación acreditativa da constitución e do poder de representación correspondente, no caso de non estar inscrita no Rexistro Mercantil.

De non recibir esta documentación en prazo, considerarase que a solicitante renuncia á axuda e arquivarase o expediente.

As sociedades constituídas serán aquelas en que recaerá a resolución definitiva de concesión.

Artigo 14. Resolución, publicación e notificacións

1. Examinadas as alegacións aducidas, de ser o caso, polas persoas interesadas e a documentación recibida, o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión ditará a proposta de resolución definitiva e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución definitiva de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención, indicación das obrigas que lle corresponden á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que se deban obter con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

3. A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través da sinatura do documento que para tal fin o Igape porá á disposición da persoa beneficiaria na sala de sinaturas da Xunta (https://saladesinaturas.xunta.gal). O dito documento deberá ser asinado pola persoa representante legal nun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da posta á disposición para a súa sinatura. A falta desa aceptación expresa terá como consecuencia a perda do dereito á obtención da axuda. Esta obriga da aceptación expresa da resolución de concesión (DECA) farase extensiva a calquera modificación que lle sexa comunicada á persoa beneficiaria.

4. As persoas que resulten persoas beneficiarias deberán presentar no prazo de tres (3) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da axuda, un informe de avaliación positivo do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH), realizado por unha entidade acreditada por ENAC. No caso de non presentar o dito informe no prazo indicado, revogarase a axuda concedida.

5. Na resolución denegatoria de axuda faranse constar o motivo da denegación e, se é o caso, o posto na lista de reserva, que terán unha vixencia dun ano desde a publicación da resolución, durante o cal se poderá resolver a concesión de axudas pola orde que figura na lista, sempre que se produzan renuncias ou incumprimentos que liberen o orzamento suficiente.

6. O anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva no enderezo https://spiga-sede.igape.es será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

8. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei /2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se accedese ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis (6) meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 16. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse modificacións da resolución inicial dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Nomeadamente, non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. A persoa beneficiaria deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 7 e presentando a súa instancia dirixida á Dirección Xeral do Igape. A solicitude de modificación deberá presentala con anterioridade á finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lles dará audiencia, de ser preciso, ás persoas interesadas.

Artigo 17. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos vinculados ao servizo prestado pola infraestrutura, no centro de traballo en Galicia, durante o período dos tres (3) anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a infraestrutura se manteña en funcionamento en Galicia durante o período mencionado. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento, como mínimo, durante o período mencionado.

No caso de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá manter os investimentos vinculados ao servizo prestado pola infraestrutura, no centro de traballo en Galicia, durante o período dos cinco (5) anos seguintes ao pagamento final á persoa beneficiaria para o caso de bens inscritibles nun rexistro público. Ademais, deberase facer constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, e estas cuestións e deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente.

b) Subscribir e manter activas, durante o período de mantemento dos investimentos, pólizas de seguro e/ou garantías do fabricante dos equipos que permitan a reposición dos activos subvencionados en caso de sinistro ou avaría. A prima do seguro deberá dedicarse integramente, en caso de sinistro, á dita reposición.

c) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional o comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas nos artigos 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante, polo menos, un período de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

e) Comunicarlle ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

g) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, segundo o establecido no anexo V a estas bases, durante a realización do proxecto e o período de mantemento do investimento.

h) Comprometerse a aplicar o principio de «non causar prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.

No caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, durante a execución do proxecto, deberanse cumprir as seguintes condicións específicas:

1º. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532EC), xerados na execución da obra, prepararanse para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

2º. Para a execución da actuación non se utilizará amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

Estas condicións acreditaranse de conformidade co previsto no artigo 18.3.d) destas bases reguladoras.

i) Acreditar a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC) tendo en conta as Orientación técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate

j) Facilitar os datos do titular real dos perceptores do financiamento da Unión no caso de que, requirida a dita información ás autoridades competentes, non se poida dispor dela.

k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, no caso de superar os límites de beneficios no período previsto no plan de viabilidade establecido no artigo 6.4 destas bases ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

l) Facilitarlle ao Igape, durante o período de dez (10) anos desde a posta en marcha da infraestrutura, as contas anuais da empresa, así como outra información que sexa necesaria, para o seguimento do plan de viabilidade da infraestrutura.

m) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

n) No caso de proxectos seleccionados por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado o dito plan durante a realización do proxecto e, posteriormente, durante o período de mantemento dos investimentos.

o) Aceptar de maneira expresa a resolución de concesión (DECA), segundo o indicado no artigo 14 destas bases reguladoras. Esta obriga farase extensiva a calquera modificación da resolución de concesión (DECA) que lles sexa comunicada.

p) Co fin de garantir o dereito á tramitación efectiva de reclamacións relativas á operación, regulado no artigo 69.7 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), a persoa beneficiaria deberá comunicar calquera reclamación ou litixio que afecte a operación, promovido por propia iniciativa, ou por calquera cidadán ou parte interesada, sen prexuízo da posibilidade de utilizar as canles de denuncia e os procedementos de presentación de reclamacións e queixas implantados no ámbito da Xunta de Galicia e da Administración xeral do Estado, e da posibilidade de presentar a reclamación directamente ante a Comisión Europea.

q) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 18. Xustificación da actuación subvencionable

1. Para a xustificación da actuación subvencionable que fundamenta a concesión da subvención e para a solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. No caso de que a solicitude de cobramento non se presente en prazo ou a xustificación sexa incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de dez (10) días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da dita Lei 9/2007.

3. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que leve a cabo a revisión da conta xustificativa como exixe o artigo 50.1.b) do Decreto 11/2009. Este informe expresará o criterio do auditor e fará mención explícita ás comprobacións realizadas, co alcance mínimo seguinte:

1º. A correcta realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados segundo os termos destas bases e da resolución de concesión, incluíndo (pero sen limitarse a) o seguinte:

– Aplicación dos gastos realizados a conceptos subvencionables do artigo 5, cumprindo os límites máximos e outras exixencias deste.

– Execución no período subvencionable.

– Rastrexabilidade entre os gastos para os cales se concedeu a resolución e a súa facturación e pagamento.

– Correcta aplicación deles tendo en conta a marxe do 20 % establecida no número 9 deste artigo.

– Existencia de xustificante de transferencia, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria no cal conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a súa veracidade. Nestes documentos deberán quedar identificados o receptor e emisor do pagamento e o importe da factura.

– Documento bancario auténtico que acredite a identificación do receptor e emisor do pagamento.

– Xustificación do cambio empregado, no caso de presentar facturas en moeda estranxeira.

2º. A existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supor unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

3º. No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade, a existencia de escritura pública en que conste que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe da subvención concedida. Estas cuestións deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007. Deberase comprobar a anotación no rexistro da afección do activo ao bo fin do obxecto da subvención.

4º. No caso de adquisición de bens inmobles, a existencia e correspondencia co importe pagado dun certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da referida Lei 9/2007.

5º. No caso de reforma de inmobles arrendados, a existencia dun contrato de arrendamento cunha duración mínima de cinco (5) anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

6º. No caso de obra civil, a suficiencia da habilitación municipal correspondente para a súa execución.

7º. A existencia de habilitación para a execución da actividade, xunto coas correspondentes licenzas administrativas para a posta en marcha e o funcionamento da infraestrutura.

8º. O cumprimento das obrigas establecidas no artigo 17 destas bases en canto á execución do proxecto, subscrición de pólizas e garantías, existencia de rexistros contables axeitados, contabilidade separada e requisitos de comunicación.

9º. O cumprimento e mantemento dos requisitos para ser persoa beneficiaria, establecidos no artigo 4, en canto á achega privada mínima, ao mantemento da estrutura societaria exixida para o proxecto e á localización da sede social.

10º. No caso de investimentos en activos intanxibles, o cumprimento das condicións establecidas no artigo 5.1.e) destas bases.

11º. A existencia das tres ofertas que deba ter solicitado a persoa beneficiaria para determinados gastos, de acordo co establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras.

12º. O cumprimento dos requisitos do artigo 1.1 destas bases.

13º. A declaración responsable do auditor sobre a contía da axuda correctamente xustificada de acordo coas bases.

O informe de auditor deberá anexar toda a documentación probatoria (facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009, que deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado; xustificantes de pagamento, evidencias das comprobacións realizadas, etc.) que acredite a súa correcta realización segundo as normas de actuación e supervisión aplicables.

En todo o non especificado nestas bases e a normativa aplicable, deberá terse en conta a Orde EH/1434/2007, do 17 de maio, e substituírse, de ser o caso, as referencias á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, polas correspondentes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) A copia -que permita a súa lectura–, de material, onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 17 destas bases.

d) No caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, xustificación acreditativa do cumprimento da normativa ambiental comunitaria, estatal e autonómica vixente, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos, a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no caso de que resulten de aplicación polas características ou localización do proxecto:

• Certificados de xestión de residuos de construción e demolición con destino á reutilización, reciclaxe e recuperación, expedidos polos xestores de destino como xustificación da entrega, incluíndo os códigos da Listaxe europea de residuos (LER) e a porcentaxe de valorización acadada.

• Certificado expedido pola empresa contratista conforme que para a execución da obra non se utilizou amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE)1907/2006.

• Documentación que evidencie a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), tendo en conta as Orientación técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE do 16.9.2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate, no caso de non a ter entregado na solicitude. A dita análise pode integrarse na avaliación de impacto ambiental nos proxectos en que resulte preceptivo.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

4. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

5. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo da perda do dereito ao cobramento da axuda que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

6. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total do investimento aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que se tiveron en conta para resolver a concesión.

Artigo 19. Aboamento das axudas

1. O aboamento das axudas realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto, e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

2. Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

3. Farase un pagamento anticipado automático do 20 % da subvención concedida co límite da anualidade, no momento da resolución de concesión.

4. Posteriormente, nas seguintes anualidades, poderán realizarse pagamentos anticipados correspondentes ás solicitudes presentadas dentro do prazo indicado na resolución de convocatoria, cada un deles suxeito ao límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente e sen que o importe conxunto dos ditos pagamentos anticipados supere o límite do 80 % da subvención concedida, segundo o establecido nos artigos 63.1.Dous e 62.2 do Decreto 11/2009.

5. A persoa beneficiaria queda exenta da obriga de constituír garantías conforme o disposto no artigo 67.4 do dito Decreto 11/2009.

Agás o primeiro anticipo automático, as solicitudes de anticipo serán obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención.

Cada solicitude de anticipo deberá xustificar o nivel de avance do proxecto mediante unha xustificación simplificada composta dun informe detallado do avance do proxecto e unha relación de investimentos executados e pagados ata a data de solicitude do anticipo.

6. Para a solicitude dos anticipos previstos nas diferentes anualidades, co límite agregado do 80 % da subvención concedida, a persoa beneficiaria deberá solicitar o cobramento nos prazos establecidos en cada anualidade a través da aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Con cada solicitude de anticipo, a persoa beneficiaria deberá incluír unha memoria de avance do proxecto e a relación de investimentos executados e pagados ata a data da solicitude do anticipo.

Artigo 20. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, de concorrencia das causas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional ou comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, durante, polo menos, un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

d) Non dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Incumprir a obriga de achegar ao proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % dos custos subvencionables, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación de perda parcial establecidos no artigo 20.4.

h) A percepción doutras subvencións públicas, incompatibles coa totalidade da subvención prevista nestas bases, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro do 100 % da subvención concedida.

i) Non lle dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no anexo V a estas bases.

j) Non lle comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

k) Non pór en marcha a infraestrutura para a cal se solicita a subvención, ou facelo de xeito deficiente, nun período dun ano desde a fin do prazo de execución do proxecto establecido. Este período poderase prorrogar por solicitude da persoa interesada, sempre que concorran causas xustificadas para iso.

l) Incumprimento grave do plan de negocio achegado para o proxecto; en particular os seguintes:

– Desviación significativa dos obxectivos: o proxecto non acada os obxectivos clave establecidos no plan de negocio de maneira significativa.

– Incumprimento financeiro substancial: se o proxecto non está a xerar os ingresos ou beneficios económicos previstos no plan de negocio e a dita situación se prolonga ou afecta gravemente a viabilidade financeira do proxecto.

– Incumprimento de requisitos legais ou normativos: o proxecto non cumpre coas leis, regulacións ou normativas aplicables que se describen no plan de negocio.

m) O incumprimento da normativa en materia de prazos de pagamento a provedores nos pagamentos do investimento subvencionado suporá a consideración dese/s elemento/s como inadecuadamente xustificados, e dará lugar ao axuste proporcional da subvención correspondente ao proxecto, agás o disposto no número 4 seguinte deste mesmo artigo.

4. Perda parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que teña a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de aplicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Se, como consecuencia da xustificación da execución material do proxecto subvencionable, o incumprimento supera o 50 % deste, nos termos en que se propuxo para recibir a axuda, entenderase que non se acadaron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, o dito incumprimento será considerado como total e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

c) Incumprimento das condicións específicas definidas no artigo 17 destas bases, no caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, dun 5 % da subvención concedida.

5. No período de mantemento dos investimentos, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indican a seguir:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 17 destas bases, ou o plan de igualdade, suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.

b) Non manter os investimentos ou arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito. Exceptúase a substitución regulada no artigo 17.a).

c) As desviacións nas estimacións realizadas no plan de viabilidade, dentro do período de dez (10) anos desde a posta en marcha da infraestrutura, que poidan dar lugar a un maior beneficio de explotación da infraestrutura, suporán o reintegro do exceso de axuda percibida, de acordo co importe máximo de axuda establecido no artigo 6.

6. Devolución voluntaria da subvención.

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 21. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 22. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional o comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables durante, polo menos, un período de cinco (5) nos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 23. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape lle efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Respecto das axudas concedidas, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

g) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

i) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

j) Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

k) O resto da normativa que resulte de aplicación.

Artigo 26. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección da Área de Competitividade para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento destas bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto nos artigos 47, 50 e anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos, a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito, pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://igape.gal/images/Cartel_publicidade_web_cfa_2026.pdf

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos, tan pronto como comecen e durante a toda a súa execución, colocará un cartel temporal de tamaño significativo ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público. Ao rematar a execución da actuación, e sempre antes de retirar este cartel temporal ou valo publicitario, deberá colocar un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen a adquisición de equipos, tan pronto como comecen, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan na letra c) nin na letra d) anteriores, exhibirá nun lugar ben visible para o público, polo menos, un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación, onde se destaque a axuda dos fondos europeos.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://igape.gal/images/Cartel_fisico_cfa_2026.pdf

missing image file

En todas as obrigas anteriores deberá empregarse o emblema europeo xunto cunha declaración sinxela en relación ao cofinanciamento, que mencione o apoio recibido da Unión Europea («Cofinanciado pola Unión Europea») e o logotipo de Fondos Europeos. Estes emblemas e logotipos, listos para o seu uso, poden descargarse na seguinte ligazón: https://fondoseuropeos.xunta.gal/documents/d/fondos-europeos/logos_web.

Cando varias actuacións teñan lugar no mesmo lugar, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

f) Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan.

g) A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).

missing image file
missing image file