DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 23891

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polo uso de modernas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do programa de autoformación, programa iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, este ano renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, pois a persoa participante asume un papel activo no proceso de aprendizaxe a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, esta modalidade permite achegar as actividades da Escola a un maior número de persoas ao servizo da Administración, especialmente a aquelas que, por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación, non poden optar pola modalidade presencial. Ademais, con este programa procúrase unha maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos.

Polo demais, o programa de autoformación continúa efectuando unha oferta formativa conxunta e, en tal sentido, diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma, mediante a oferta dun amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda, poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nas probas de avaliación e as superen teñen dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos procesos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Por todo o exposto, e en execución do Plan de formación 2026 da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades do programa de autoformación que figuran nesta resolución, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas nos anexo I e II.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Contidos das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. As actividades de contidos

1. As actividades de contidos do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade

AF26001

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Contidos

AF26002

A cidadanía e as administracións públicas: dereitos e obrigas-Contidos

AF26003

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Contidos

AF26004

A protección do menor ante os medios de comunicación-Contidos

AF26005

A regulación da intelixencia artificial na Administración pública-Contidos

AF26006

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Contidos

AF26007

A xurisdición contencioso-administrativa-Contidos

AF26008

Análise normativa da xestión de indemnizacións por razón de servizo-Contidos

AF26009

Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia-Contidos

AF26010

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Contidos

AF26011

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos

AF26012

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Contidos

AF26013

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos

AF26014

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Contidos

AF26015

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Contidos

AF26016

Aproximación á violencia de xénero-Contidos

AF26017

Autoxestión emocional e saúde mental no traballo-Contidos

AF26018

Básico de subvencións e normativa aplicable-Contidos

AF26019

Básico en prevención de riscos laborais-Contidos

AF26020

Cambio e motivación nas organizacións-Contidos

AF26021

Ciberviolencias sexistas-Contidos

AF26022

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Contidos

AF26023

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Contidos

AF26024

Destrezas persoais e xestión do cambio-Contidos

AF26025

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Contidos

AF26026

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Contidos

AF26027

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Contidos

AF26028

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Contidos

AF26029

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Contidos

AF26030

Introdución ao dereito ambiental europeo-Contidos

AF26031

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Contidos

AF26032

Introdución ás políticas públicas: deseño, implementación e avaliación-Contidos

AF26033

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Contidos

AF26034

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Contidos

AF26035

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia-Contidos

AF26036

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Contidos

AF26037

Lei xeral orzamentaria-Contidos

AF26038

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Contidos

AF26039

Marco lexislativo específico e xeral sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social-Contidos

AF26040

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Contidos

AF26041

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Contidos

AF26042

Organización e simplificación do traballo administrativo-Contidos

AF26043

Políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes-Contidos

AF26044

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Contidos

AF26045

Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero-Contidos

AF26046

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Contidos

AF26047

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Contidos

AF26048

Prevención e xestión de conflitos-Contidos

AF26049

Protocolo institucional na Administración pública-Contidos

AF26050

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Contidos

AF26051

Reutilización da información do sector público. Open Data-Contidos

AF26052

Revisión dos actos en vía administrativa-Contidos

AF26053

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Contidos

AF26054

Sensibilización e prevención da violencia de xénero-Contidos

AF26055

Servizo de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia-Contidos

AF26056

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital-Contidos

AF26057

Técnicas efectivas para preparar presentacións-Contidos

AF26058

Técnicas elementais de arquivos-Contidos

AF26059

Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica-Contidos

AF26060

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa-Contidos

AF26061

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Contidos

AF26062

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Contidos

AF26063

Violencia de xénero na adolescencia e xuventude-Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, debido a que non existe a figura do/da titor/a, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. Acceso aos contidos

1. Todo o persoal destinado ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do dia 28 de abril de 2026, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2026, agás para o seguinte contido, que estará dispoñible a partir do día 1 de outubro de 2026.

AF26009: Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderase acceder ao dito contido na aula virtual da EGAP.

Os/as participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades nas cales se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 57, 981 54 63 35, 981 54 62 73 e 881 99 70 44, ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual>.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. Dado que o acceso aos contidos é voluntario, non se tramitarán renuncias.

8. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base novena do anexo II.

ANEXO II

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. Participación nas probas

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación desenvolveranse en liña de acordo coa seguinte táboa:

Código

Actividade

Prazas

Horas

Edición

Data e hora do exame en liña

AF26064

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación

200

20

T01

17.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26064

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos-Proba de avaliación

200

20

T02

17.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26065

A cidadanía e as administracións públicas: dereitos e obrigas-Proba de avaliación

200

25

T01

16.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26066

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación

200

20

T01

21.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26066

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación

200

20

T02

21.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26066

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade-Proba de avaliación

200

20

T03

21.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26067

A protección do menor ante os medios de comunicación-Proba de avaliación

200

30

T01

11.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26068

A regulación da intelixencia artificial na Administración pública-Proba de avaliación

200

25

T01

11.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26068

A regulación da intelixencia artificial na Administración pública-Proba de avaliación

200

25

T02

11.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26069

A responsabilidade patrimonial da Administración pública-Proba de avaliación

200

30

T01

15.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26070

A xurisdición contencioso-administrativa-Proba de avaliación

200

25

T01

23.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26071

Análise normativa da xestión de indemnizacións por razón de servizo-Proba de avaliación

200

25

T01

30.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26072

Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia-Proba de avaliación

200

20

T01

16.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26073

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)-Proba de avaliación

200

50

T01

14.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26074

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

T01

16.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26074

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

T02

16.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26075

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

50

T01

15.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26075

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

50

T02

15.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26076

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

30

T01

18.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26076

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

30

T02

18.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26077

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

30

T01

17.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26077

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)-Proba de avaliación

200

30

T02

17.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26078

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)-Proba de avaliación

200

30

T01

14.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26079

Aproximación á violencia de xénero-Proba de avaliación

200

30

T01

24.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26080

Autoxestión emocional e saúde mental no traballo-Proba de avaliación

200

30

T01

25.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26081

Básico de subvencións e normativa aplicable-Proba de avaliación

200

30

T01

23.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26082

Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación

200

50

T01

17.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26082

Básico en prevención de riscos laborais-Proba de avaliación

200

50

T02

17.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26083

Cambio e motivación nas organizacións-Proba de avaliación

200

15

T01

30.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26084

Ciberviolencias sexistas-Proba de avaliación

200

25

T01

25.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26085

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Proba de avaliación

200

30

T01

24.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26085

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral-Proba de avaliación

200

30

T02

24.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26086

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia-Proba de avaliación

200

20

T01

23.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26087

Destrezas persoais e xestión do cambio-Proba de avaliación

200

25

T01

28.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26088

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano-Proba de avaliación

200

30

T01

28.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26089

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Proba de avaliación

200

20

T01

22.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26089

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Proba de avaliación

200

20

T02

22.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26089

Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Nivel básico-Proba de avaliación

200

20

T03

22.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26090

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia-Proba de avaliación

200

18

T01

11.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26091

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais-Proba de avaliación

200

30

T01

9.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26092

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito-Proba de avaliación

200

24

T01

29.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26093

Introdución ao dereito ambiental europeo-Proba de avaliación

200

30

T01

29.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26094

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos-Proba de avaliación

200

30

T01

29.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26095

Introdución ás políticas públicas: deseño, implementación e avaliación-Proba de avaliación

200

25

T01

25.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26096

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia-Proba de avaliación

200

20

T01

22.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26097

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación

200

25

T01

10.12.2026,
ás 16.30 horas

AF26097

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas-Proba de avaliación

200

25

T02

10.12.2026,
ás 17.30 horas

AF26098

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia-Proba de avaliación

200

25

T01

18.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26099

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación

200

25

T01

10.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26099

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público-Proba de avaliación

200

25

T02

10.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26100

Lei xeral orzamentaria-Proba de avaliación

200

25

T01

14.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26101

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública-Proba de avaliación

200

30

T01

25.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26102

Marco lexislativo específico e xeral sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social-Proba de avaliación

200

30

T01

30.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26103

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro-Proba de avaliación

200

25

T01

17.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26104

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral-Proba de avaliación

200

20

T01

15.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26105

Organización e simplificación do traballo administrativo-Proba de avaliación

200

12

T01

9.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26106

Políticas públicas para a igualdade efectiva entre mulleres e homes-Proba de avaliación

200

30

T01

18.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26107

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións-Proba de avaliación

200

30

T01

16.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26108

Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero-Proba de avaliación

200

20

T01

18.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26109

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos-Proba de avaliación

200

15

T01

21.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26110

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Proba de avaliación

200

20

T01

15.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26110

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral-Proba de avaliación

200

20

T02

15.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26111

Prevención e xestión de conflitos-Proba de avaliación

200

25

T01

15.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26112

Protocolo institucional na Administración pública-Proba de avaliación

200

20

T01

18.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26113

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público-Proba da avaliación

200

25

T01

16.12.2026,
ás 19.30 horas

AF26114

Reutilización da información do sector público. Open Data-Proba de avaliación

200

20

T01

14.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26115

Revisión dos actos en vía administrativa-Proba de avaliación

200

25

T01

16.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26116

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia-Proba de avaliación

200

15

T01

30.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26117

Sensibilización e prevención da violencia de xénero-Proba de avaliación

200

20

T01

28.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26118

Servizo de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia-Proba de avaliación

200

16

T01

24.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26119

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital-Proba de avaliación

200

20

T01

29.9.2026,
ás 19.30 horas

AF26120

Técnicas efectivas para preparar presentacións-Proba de avaliación

200

20

T01

9.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26121

Técnicas elementais de arquivos-Proba de avaliación

200

25

T01

28.9.2026,
ás 18.30 horas

AF26122

Tramitación de expedientes de contratación na Administración autonómica-Proba de avaliación

200

30

T01

23.9.2026,
ás 17.30 horas

AF26123

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa-Proba de avaliación

200

25

T01

18.9.2026,
ás 16.30 horas

AF26124

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)-Proba de avaliación

200

50

T01

18.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26125

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)-Proba de avaliación

200

50

T01

17.12.2026,
ás 18.30 horas

AF26126

Violencia de xénero na adolescencia e xuventude-Proba de avaliación

200

30

T01

9.12.2026,
ás 17.30 horas

Terceira. Solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 27 de abril de 2026.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación solicitadas, e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poden remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.

8. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 57, 981 54 63 35, 981 54 62 73 e 881 99 70 44 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas, necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón, a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@ xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio); corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto).

2. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2026, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra «M».

Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado

Para cada proba de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar na dita proba, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará un mes antes da data da proba de avaliación.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación

1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

3. As persoas seleccionadas que non realicen as probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. O certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un certificado de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Emprego Público.

Décima. As facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispoñer canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas. As persoas afectadas dispoñerán de toda a información no enderezo <https://egap.xunta.gal>. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación, e o fomento dos dereitos de conciliación.