DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 23840

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 9 de abril de 2026 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música de Poio no Rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A representación da Asociación Cultural Escola de Música de Poio solicita a inscrición da Escola de Música de Poio no Rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993 que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, o Departamento Territorial de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1 Inscrición no Rexistro de escolas de música e danza

Autorizar a inclusión no Rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Denominación: Escola de Música de Poio.

Código do centro: 36025347.

Domicilio: avda. Andurique, 1.

Localidade: Poio.

Concello: Poio.

Código postal: 36163.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Cultural Escola de Música de Poio.

Artigo 2. Réxime xurídico

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, e aos servizos de inspección correspondentes.

Artigo 3. Revisión da autorización

O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional