DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 24041

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 12 do Plan xeral de ordenación municipal, para a incorporación de novos elementos ao Catálogo de protección (expediente 631/2016/299).

O Pleno do concello, na sesión que tivo lugar o 5.3.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o informe de contestación ás alegacións, inserido como anexo I da memoria xustificativa do documento da modificación puntual do plan xeral, achegado polo equipo redactor, e notificárllelo ás persoas interesadas no expediente.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento de modificación puntual núm. 12 do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, para a incorporación de elementos ao catálogo, documento 1, separata 2, febreiro de 2026, co CSV 4R3J 5U1K 0464 5U3O 0V53, promovido polo Concello da Coruña e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas, cos números de colexiados do COAG 1440, 1475 e 4754, respectivamente.

Terceiro. Realizar os trámites previstos no artigo 22 da Orde do 10 de outubro de 2019, pola que se aproban as normas técnicas de planeamento de Galicia; nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 199, 209 e 212 do regulamento para o desenvolvemento da lei anterior, para procurar a entrada en vigor do documento aprobado.

Cuarto. Enviar unha copia do documento técnico debidamente dilixenciado á Dirección Xeral de Costas do Estado e á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Quinto. Notificarlles este acordo aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación deste expediente.

Sexto. Facultar a Alcaldía-Presidencia para cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bo fin do acordo adoptado.

De conformidade co disposto na Resolución ambiental do 29.1.2018, publicada no DOG núm. 46, do 6 de marzo, non cabe esperar que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual, polo que non se establecen maiores medidas de seguimento que as inseridas no propio documento do PXOM vixente.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo, e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de planeamento/planeamento vixente; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous (2) meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 16 de marzo de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda