En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización e autorización de obras:
Solicitante: Eladio López Pérez.
NIF: ***4070**.
Expediente: DH.W27.105310.
Lugar: Os Pedregás.
Parroquia: San Pedro de Benquerencia.
Concello: Barreiros.
Descrición das actuacións: edificación de vivenda unifamiliar e edificación auxiliar con beirarrúa, muro de contención e peche perimetral, na parcela con referencia catastral 27005E003004690000YF, na zona de policía do rego Benquerencia.
A documentación presentada pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rolda da Muralla, 70, 2º (27071) Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 25 de marzo de 2026
Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña
