DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 20 de abril de 2026 Páx. 24028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de marzo de 2026, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a resolución da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 27 de marzo de 2026

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Sinatura

Razón social

Enderezo

Concello

Robert Lloyd Williams

VUT-PO-009445

Robert Lloyd Willliams

Canido, 6 - 1º

Vigo

Da Vionta

H-PO-1302

La Vionta Poio, S.L.

Fontenla, 17

Poio

Margo

H-PO-001276

Dolores López Piedras

Marqués de Riestra, 4 - 1º

Pontevedra