DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24095

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de marzo de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e produción, acordou, de conformidade co disposto na convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 9 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

Álvaro Baaliña Insua
Presidente do tribunal