DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24093

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 14 de abril de 2026 pola que se convocan bolsas de mobilidade para estudantes de grao e máster universitario para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2025/26.

BDNS (Identif.): 898832.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/898832

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantes de grao e máster universitario que participen en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é definir e poñer en marcha unha política integrada de responsabilidade social que englobe a cooperación internacional, o voluntariado, a igualdade, a sustentabilidade e a atención á diversidade, a través dunha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación dun país dos sinalados na convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas ou traballos recoñecidos no marco da materia.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 14 de abril de 2026 pola que se convocan bolsas de mobilidade para estudantes de grao e máster universitario para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de tres mil euros (3.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 15 de abril ata o 11 de maio de 2026.

Vigo, 14 de abril de 2026

O reitor da Universidad de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Susana Reboreda Morillo
Vicerreitora de Extensión Universitaria