DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24091

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de abril de 2026 pola que se convoca unha edición do curso para obter a titulación náutica de patrón/oa de navegación básica dirixido a persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 69, do 15 de abril de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 22980, 22981, na base oitava, onde di:

«Oitava. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 155 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas en que as mulleres estean infrarrepresentadas, organizados ou financiados pola Administración xeral ou por unha entidade do sector público autonómico de Galicia, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria. As mulleres só accederán a esta quenda reservada unha vez cubertas todas as prazas da quenda non reservada.

2º. Terán preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.

3º. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos e, se o empate persiste, terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitasen a realización dos cursos con anterioridade.

4º. Admitirase como máximo unha persoa aspirante por cada AVPC. En caso que despois de realizar a selección de solicitudes quedasen prazas vacantes, admitirase unha nova aspirante por cada AVPC, e así sucesivamente ata completar a totalidade das prazas convocadas».

Debe dicir

«Oitava. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 155 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas en que as mulleres estean infrarrepresentadas, organizados ou financiados pola Administración xeral ou por unha entidade do sector público autonómico de Galicia, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria. As mulleres só accederán a esta quenda reservada unha vez cubertas todas as prazas da quenda non reservada.

2º. Se despois de aplicar o criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos e, se o empate persiste, terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitasen a realización dos cursos con anterioridade.

3º. Admitirase como máximo unha persoa aspirante por cada AVPC. No caso que despois de realizar a selección de solicitudes quedasen prazas vacantes, admitirase unha nova aspirante por cada AVPC, e así sucesivamente ata completar a totalidade das prazas convocadas».