DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24089

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan polo procedemento anticipado de gasto axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para as entidades privadas sen ánimo de lucro co fin de realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento SA462B).

Mediante a Orde do 29 de decembro de 2025 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro) publicáronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026.

De conformidade co artigo 15 da dita orde, a resolución correspóndelle á persoa titular da Consellería de Sanidade e da Presidencia do Servicio Galego de Saúde.

Así mesmo, o artigo 24 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario ao que se imputen, entidade beneficiaria, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Segundo o artigo 7.2 da orde, o crédito orzamentario inicial é de 269.665 €. O custe total das subvencións concedidas irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, con código de proxecto 20140027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Unha vez finalizada a fase de instrución das solicitudes recibidas e de ter sido estas avaliadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias:

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución ditada no procedemento SA462B, respecto das axudas destinadas á realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026 ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan polo procedemento anticipado de gasto axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para as entidades privadas sen ánimo de lucro co fin de realizar na programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidad Autónoma de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento SA462B), que se achega á presente resolución no anexo.

Segundo. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo, ao abeiro da indicada orde, as axudas reflectidas na dita relación, a consecuencia da aplicación dos criterios de baremación previstos no artigo 14 da orde.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Entidades beneficiarias subvención

Posto

Expediente

NIF

Entidade

Programa

Total Puntos

Importe

adxudicado (€)

1

SA462B-3

G36642726

Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas

Programa social de apoio a procesos de rehabilitación ÉRGUETE III

41,00

67.416,25 €

2

SA462B-4

G36642726

Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas

Programa social de apoio a procesos de rehabilitación ÉRGUETE IV

41,00

67.416,25 €

3

SA462B-2

G36642726

Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas

Programa social de apoio a procesos de rehabilitación ÉRGUETE II

40,90

67.416,25 €

4

SA462B-1

G36208387

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio a procesos terapéuticos

39,40

67.416,25 €