Antecedentes:
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 18, do 28 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde do 13 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, e se convocan para o ano 2026.
Segundo. Ao abeiro da indicada convocatoria, as entidades interesadas que figuran no anexo a esta resolución presentaron a correspondente solicitude de axudas.
Terceiro. O 25 de marzo de 2026 o órgano instrutor formulou a proposta de concesión de axudas das solicitudes presentadas polos importes que se indican no anexo.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior é competente para resolver as solicitudes de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, de acordo coa delegación outorgada ao seu favor polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes na disposición derradeira primeira da Orde do 13 de xaneiro de 2026.
Segunda. As entidades solicitantes cumpren os requisitos previstos na orde de convocatoria para seren beneficiarias, e a súa solicitude axústase ás previsións da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e á súa normativa de desenvolvemento. Xa que logo, analizado o contido do expediente, do informe de valoración e da proposta formulada polo órgano instrutor, considérase axeitado o outorgamento das axudas nas contías da proposta indicada.
Terceira. De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 12 da referida Orde do 13 de xaneiro de 2026, esta resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os efectos da notificación.
De acordo co exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles ás entidades que figuran no anexo e polos importes que nel se indican as subvencións con cargo á aplicación orzamentaria 05.06.212A.481.0, código do proxecto 2015 00106, para os gastos de natureza corrente que posibiliten o funcionamento das AVPC dentro dos respectivos concellos e a súa colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.
Segundo. As entidades beneficiarias asumen as obrigas establecidas con carácter xeral nas bases reguladoras e na normativa de subvencións, especificamente as previstas no artigo 14 das bases.
Terceiro. De acordo co artigo 17 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. No entanto, o importe destes en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outros, supere o custo da actividade subvencionada.
Cuarto. Segundo o artigo 15 das bases reguladoras, para as subvencións solicitadas poderase aboar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, sempre e cando a cantidade da axuda non exceda os 18.000 € e nos casos en que o gasto exixa pagamentos inmediatos.
Quinto. De acordo co disposto no artigo 16 da Orde do 13 de xaneiro de 2026, o 30 de setembro deste ano será o último día para presentar a documentación xustificativa dos gastos efectuados ao abeiro desta convocatoria. Poderanse admitir os documentos xustificativos por gastos efectuados, de acordo co artigo 4 da citada orde, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2026. No caso de que os gastos totais xustificados e admitidos sexan inferiores ao importe da subvención concedida, practicarase a redución proporcional correspondente, sempre que se cumprisen os obxectivos previstos. Entenderase que queda por conta da persoa ou entidade beneficiaria a diferenza de financiamento necesario para a total execución da actividade subvencionada.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados do mesmo xeito, consonte o artigo 12.2 das bases reguladoras.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 13.1.2026)
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
|
NIF |
AVPC |
Subvención |
|
G15579725 |
AVPC do Concello de Abegondo |
1.541,20 € |
|
G70536693 |
AVPC do Concello de Ames |
2.506,77 € |
|
G15553639 |
AVPC do Concello de Ares |
1.690,12 € |
|
G15465594 |
AVPC do Concello de Arteixo |
2.524,96 € |
|
G15649866 |
AVPC do Concello de Arzúa |
2.143,95 € |
|
G15556566 |
AVPC do Concello de Bergondo |
2.723,53 € |
|
G15423353 |
AVPC do Concello de Betanzos |
2.836,99 € |
|
G15838501 |
AVPC do Concello de Boimorto |
1.269,36 € |
|
G15503097 |
AVPC do Concello de Boiro |
2.132,69 € |
|
G15463409 |
AVPC do Concello de Boqueixón |
1.555,35 € |
|
V70174594 |
AVPC do Concello de Cabanas |
1.375,35 € |
|
G15417827 |
AVPC do Concello de Camariñas |
1.379,78 € |
|
G15421092 |
AVPC do Concello de Cambre |
1.897,72 € |
|
G15406846 |
AVPC do Concello de Carballo |
2.261,56 € |
|
G15417405 |
AVPC do Concello de Carnota |
1.549,61 € |
|
G15921802 |
AVPC do Concello de Carral |
1.425,61 € |
|
G15760143 |
AVPC do Concello de Cedeira |
1.632,72 € |
|
G15556384 |
AVPC do Concello de Cee |
2.317,21 € |
|
G15725393 |
AVPC do Concello de Cerceda |
1.619,46 € |
|
G15471584 |
AVPC do Concello de Corcubión |
2.339,77 € |
|
G15583883 |
AVPC do Concello de Coristanco |
1.856,03 € |
|
G15417389 |
AVPC do Concello de Culleredo |
1.843,37 € |
|
G15780687 |
AVPC do Concello de Curtis |
1.477,03 € |
|
G15840473 |
AVPC do Concello de Dumbría |
2.381,33 € |
|
G15691314 |
AVPC do Concello de Fene |
1.815,40 € |
|
G15464761 |
AVPC do Concello de Fisterra |
1.797,24 € |
|
G15688922 |
AVPC do Concello da Laracha |
1.657,70 € |
|
G15636202 |
AVPC do Concello de Laxe |
1.648,58 € |
|
G15652563 |
AVPC do Concello de Lousame |
1.462,44 € |
|
G15587884 |
AVPC do Concello de Malpica de Bergantiños |
1.532,19 € |
|
G70383369 |
AVPC do Concello de Mazaricos |
1.764,63 € |
|
G15464639 |
AVPC do Concello de Miño |
1.836,97 € |
|
G15558315 |
AVPC do Concello de Muros |
1.820,75 € |
|
G15416456 |
AVPC do Concello de Muxía |
2.839,49 € |
|
G15421357 |
AVPC do Concello de Narón |
2.563,74 € |
|
G15575962 |
AVPC do Concello de Neda |
1.709,69 € |
|
G15840184 |
AVPC do Concello de Negreira |
1.363,64 € |
|
G15416993 |
AVPC do Concello de Noia |
1.753,30 € |
|
G15420201 |
AVPC do Concello de Oleiros |
2.102,56 € |
|
G15509888 |
AVPC de Ordes-Frades |
2.345,60 € |
|
G15872500 |
AVPC do Concello de Oroso |
2.073,93 € |
|
G15654114 |
AVPC do Concello de Ortigueira |
1.675,90 € |
|
G15473135 |
AVPC do Concello de Outes |
1.656,46 € |
|
G15595630 |
AVPC do Concello de Padrón |
2.023,90 € |
|
G15711849 |
AVPC do Concello da Pobra do Caramiñal |
2.571,31 € |
|
G15549199 |
AVPC do Concello de Ponteceso |
1.671,13 € |
|
G15622426 |
AVPC do Concello de Pontedeume |
1.632,14 € |
|
G15416738 |
AVPC do Concello das Pontes de García Rodríguez |
2.965,39 € |
|
G15561020 |
AVPC do Concello do Porto do Son |
1.644,12 € |
|
G15417322 |
AVPC do Concello de Rianxo |
2.789,35 € |
|
G15465008 |
AVPC do Concello de Ribeira |
2.040,24 € |
|
G15906175 |
AVPC do Concello de Rois |
1.940,31 € |
|
G15685241 |
AVPC do Concello de Santa Comba-Xallas |
2.287,79 € |
|
G15460454 |
AVPC do Concello de Touro |
1.321,72 € |
|
G67825737 |
AVPC do Concello de Trazo |
594,98 € |
|
G15605934 |
AVPC do Concello de Val do Dubra |
1.820,45 € |
|
G15877228 |
AVPC do Concello de Valdoviño |
2.405,31 € |
|
G15645708 |
AVPC do Concello de Vedra |
1.485,09 € |
|
G15587025 |
AVPC do Concello de Vilasantar |
1.337,70 € |
|
G15845621 |
AVPC do Concello de Vimianzo |
1.607,61 € |
|
G15556251 |
AVPC do Concello de Zas |
1.686,51 € |
|
G27240977 |
AVPC do Concello de Barreiros |
1.650,39 € |
|
H27220185 |
AVPC do Concello de Burela |
1.690,23 € |
|
G27487818 |
AVPC do Concello de Cervantes |
2.844,26 € |
|
G27197110 |
AVPC do Concello de Chantada |
2.410,43 € |
|
G27340231 |
AVPC do Concello de Folgoso do Courel |
1.709,13 € |
|
G27226968 |
AVPC do Concello de Foz |
1.931,24 € |
|
G27384098 |
AVPC do Concello de Guitiriz |
1.711,35 € |
|
G27229426 |
AVPC do Concello do Incio |
1.457,65 € |
|
G27244292 |
AVPC do Concello de Lourenzá |
874,39 € |
|
G27274695 |
AVPC do Concello de Meira |
2.442,84 € |
|
G27200229 |
AVPC do Concello de Mondoñedo |
2.078,73 € |
|
G09767658 |
AVPC do Concello de Monforte de Lemos |
1.347,52 € |
|
G27494806 |
AVPC do Concello de Negueira de Muñiz |
1.813,78 € |
|
G27205756 |
AVPC do Concello de Ourol |
1.661,14 € |
|
G27333343 |
AVPC do Concello de Palas de Rei |
1.470,27 € |
|
G27230242 |
AVPC do Concello de Pol |
1.560,96 € |
|
G27358878 |
AVPC do Concello da Pontenova |
1.601,92 € |
|
G27429760 |
AVPC do Concello de Portomarín |
1.453,41 € |
|
G27193614 |
AVPC do Concello de Quiroga |
1.658,24 € |
|
G27199892 |
AVPC do Concello de Ribadeo |
1.079,71 € |
|
G27338599 |
AVPC do Concello de Ribas de Sil |
1.592,26 € |
|
G27504026 |
AVPC do Concello da Ribeira de Piquín |
1.646,55 € |
|
G27479153 |
AVPC do Concello de Riotorto |
1.467,61 € |
|
G27497668 |
AVPC do Concello do Saviñao |
1.076,20 € |
|
G27430214 |
AVPC do Concello de Sober |
1.507,93 € |
|
G27205442 |
AVPC do Concello de Taboada |
1.531,67 € |
|
G27491604 |
AVPC do Concello de Trabada |
1.168,84 € |
|
V21998158 |
AVPC do Concello de Triacastela |
1.497,03 € |
|
G27264670 |
AVPC do Concello do Valadouro |
1.673,63 € |
|
G27289289 |
AVPC do Concello do Vicedo |
1.706,83 € |
|
G27190636 |
AVPC do Concello de Vilalba |
2.345,49 € |
|
G27252493 |
AVPC do Concello de Viveiro |
1.859,28 € |
|
G27469261 |
AVPC do Concello de Xermade |
1.454,49 € |
|
G32168106 |
AVPC do Concello de Allariz |
2.542,03 € |
|
G32263063 |
AVPC do Concello de Amoeiro |
1.620,87 € |
|
G32252157 |
AVPC do Concello de Avión |
1.657,85 € |
|
G32291478 |
AVPC do Concello de Baltar |
1.378,63 € |
|
G32238883 |
AVPC do Concello de Bande |
2.322,01 € |
|
G32230351 |
AVPC do Concello de Baños de Molgas |
2.101,55 € |
|
G32195562 |
AVPC do Concello de Barbadás |
2.665,29 € |
|
G32165235 |
AVPC do Concello do Barco de Valdeorras |
2.567,42 € |
|
G32299133 |
AVPC do Concello de Beariz |
1.404,71 € |
|
G32239485 |
AVPC do Concello dos Blancos |
1.885,66 € |
|
G32344293 |
AVPC do Concello da Bola |
1.238,66 € |
|
G32469736 |
AVPC do Concello do Bolo |
2.311,15 € |
|
G32272346 |
AVPC do Concello de Calvos de Randín |
1.384,54 € |
|
G32319170 |
AVPC do Concello de Carballeda de Avia |
2.339,19 € |
|
G32168288 |
AVPC do Concello do Carballiño |
2.386,91 € |
|
G32181463 |
AVPC do Concello de Cartelle |
1.554,43 € |
|
G32378788 |
AVPC do Concello de Castrelo de Miño |
1.599,64 € |
|
G32348708 |
AVPC do Concello do Castro de Caldelas |
1.263,45 € |
|
G32212318 |
AVPC do Concello de Celanova |
1.991,38 € |
|
G32263048 |
AVPC do Concello de Chandrexa de Queixa |
2.436,74 € |
|
G32194714 |
AVPC do Concello de Coles |
1.762,25 € |
|
G32460081 |
AVPC de Cortegada-Padrenda |
2.742,72 € |
|
G32465932 |
AVPC de Cualedro-Monterrei |
2.691,47 € |
|
G32281297 |
AVPC do Concello de Entrimo |
2.006,77 € |
|
G32183345 |
AVPC do Concello de Esgos |
1.683,40 € |
|
G32402778 |
AVPC do Concello de Gomesende |
1.456,34 € |
|
G32167934 |
AVPC do Concello da Gudiña |
2.622,78 € |
|
G32277840 |
AVPC do Concello do Irixo |
1.366,48 € |
|
G32249559 |
AVPC do Concello de Larouco |
2.148,09 € |
|
G32162463 |
AVPC do Concello de Laza |
1.898,17 € |
|
G32220329 |
AVPC do Concello de Lobios |
1.436,76 € |
|
G32207656 |
AVPC do Concello de Maceda |
1.209,51 € |
|
G32168445 |
AVPC da Mancomunidade do Ribeiro |
2.757,68 € |
|
G32480279 |
AVPC da Mancomunidade Terra de Celanova |
2.654,43 € |
|
G32437899 |
AVPC do Concello de Manzaneda |
2.700,16 € |
|
G02689594 |
AVPC do Concello de Maside |
1.731,89 € |
|
G32167900 |
AVPC do Concello da Mezquita |
2.136,45 € |
|
G22440424 |
AVPC do Concello de Montederramo |
1.472,92 € |
|
G32165672 |
AVPC do Concello de Muíños |
1.153,31 € |
|
G32207490 |
AVPC do Concello de Nogueira de Ramuín |
1.400,16 € |
|
G32377756 |
AVPC do Concello de Paderne de Allariz |
1.214,23 € |
|
G32377921 |
AVPC do Concello de Parada de Sil |
2.081,80 € |
|
G32169815 |
AVPC do Concello do Pereiro de Aguiar |
1.897,42 € |
|
G32350274 |
AVPC do Concello de Petín |
2.314,68 € |
|
G32186306 |
AVPC do Concello de Piñor |
1.805,06 € |
|
G32461311 |
AVPC do Concello da Pobra de Trives |
2.708,23 € |
|
G32320657 |
AVPC do Concello de Porqueira |
1.712,46 € |
|
G32263832 |
AVPC do Concello de Rairiz de Veiga |
1.312,29 € |
|
G32316655 |
AVPC do Concello de Ribadavia |
2.101,86 € |
|
G32210668 |
AVPC do Concello do Riós |
1.630,72 € |
|
G32169773 |
AVPC do Concello da Rúa |
2.412,37 € |
|
G32261992 |
AVPC do Concello de San Cibrao das Viñas |
1.405,37 € |
|
G32491243 |
AVPC do Concello de San Cristovo de Cea |
2.006,06 € |
|
G32473795 |
AVPC do Concello de San Xoán de Río |
2.126,55 € |
|
G32251985 |
AVPC do Concello de Sandiás |
1.355,17 € |
|
G32320863 |
AVPC do Concello de Sarreaus |
2.091,53 € |
|
G32298119 |
AVPC do Concello de Toén |
1.832,44 € |
|
G32220477 |
AVPC do Concello da Veiga |
1.809,49 € |
|
G32167652 |
AVPC do Concello de Verín |
2.611,10 € |
|
G32196727 |
AVPC do Concello de Viana do Bolo |
1.679,80 € |
|
G32198574 |
AVPC do Concello de Vilamarín |
1.389,53 € |
|
G32250987 |
AVPC do Concello de Vilamartín de Valdeorras |
2.313,93 € |
|
G32210502 |
AVPC do Concello de Vilar de Barrio |
2.515,35 € |
|
G32167777 |
AVPC do Concello de Vilar de Santos |
1.373,76 € |
|
G32426306 |
AVPC do Concello de Vilardevós |
2.194,46 € |
|
G32196891 |
AVPC do Concello de Vilariño de Conso |
2.046,72 € |
|
G32196693 |
AVPC do Concello de Xinzo de Limia |
2.848,81 € |
|
G32239063 |
AVPC do Concello de Xunqueira de Ambía |
1.919,38 € |
|
G32239352 |
AVPC do Concello de Xunqueira de Espadanedo |
1.872,94 € |
|
G36235158 |
AVPC do Concello de Agolada |
1.661,89 € |
|
G36279552 |
AVPC do Concello de Barro |
1.052,61 € |
|
G36263747 |
AVPC do Concello de Caldas de Reis |
1.393,94 € |
|
G36245702 |
AVPC do Concello de Cambados |
2.002,68 € |
|
G36192938 |
AVPC do Concello de Cangas de Morrazo |
2.083,59 € |
|
G36263689 |
AVPC do Concello de Catoira |
2.263,31 € |
|
G36331270 |
AVPC de Cerdedo Cotobade |
2.391,36 € |
|
G36262319 |
AVPC do Concello de Cuntis |
2.446,93 € |
|
G72583529 |
AVPC do Concello de Dozón |
1.007,22 € |
|
G36191021 |
AVPC do Concello de Lalín |
2.201,99 € |
|
G36246833 |
AVPC do Concello de Marín |
1.873,69 € |
|
G36265155 |
AVPC do Concello de Meis |
1.595,53 € |
|
G94157914 |
AVPC do Concello de Moaña |
1.834,81 € |
|
G36476877 |
AVPC do Concello de Moraña |
1.509,07 € |
|
G27769330 |
AVPC do Concello de Mos |
1.926,53 € |
|
G94157369 |
AVPC Oitavén-Tea |
3.763,24 € |
|
G36236719 |
AVPC do Concello de Poio |
2.174,07 € |
|
G27754597 |
AVPC do Concello do Porriño |
2.094,09 € |
|
G36279339 |
AVPC do Concello de Portas |
2.398,51 € |
|
G36209559 |
AVPC do Concello de Redondela |
2.247,18 € |
|
G36312692 |
AVPC do Concello de Ribadumia |
1.604,82 € |
|
G26613547 |
AVPC Ribeira do Miño |
2.153,82 € |
|
G94161700 |
AVPC do Concello do Rosal |
2.119,04 € |
|
G36353787 |
AVPC do Concello de Salceda de Caselas |
2.405,70 € |
|
G36216133 |
AVPC do Concello de Tomiño |
2.240,64 € |
|
G36379832 |
AVPC do Concello de Tui |
2.177,96 € |
|
G36265247 |
AVPC do Concello de Valga |
1.399,42 € |
|
G36277887 |
AVPC do Concello de Vilaboa |
2.234,17 € |
|
G36212413 |
AVPC do Concello de Vila de Cruces |
1.767,69 € |
|
G36213213 |
AVPC do Concello de Vilagarcía de Arousa |
2.207,69 € |
|
G36263390 |
AVPC do Concello de Vilanova de Arousa |
1.684,93 € |
|
G36823847 |
AVPC da Mancomunidade Val Miñor |
3.312,39 € |
|
Total |
370.000,00 € |
