DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa Rula, O Carballo, San Pedro de Nós (expediente 2025/PLANEAM/000013-FG número 757).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026001789, do 7 de abril de 2026, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa Rula, O Carballo, San Pedro de Nós (documento NRE 2026003592, do 23 de febreiro).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de Urbanismo, trámites de información pública, polo prazo DUN (1) MES, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 14 de abril de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente