DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da aprobación das bases e da convocatoria para a cobertura en propiedade, por concurso-oposición, dunha praza de condutor/a tractorista, adscrita á unidade de Medio Ambiente, persoal laboral fixo, e formación da conseguinte bolsa de traballo.

Mediante o Decreto 719/2026, do 12 de marzo, publicado no BOP núm. 56, do 25 de marzo, aprobáronse as bases reguladoras do procedemento de selección, polo sistema de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade dunha praza de condutor/a tractorista, persoal laboral fixo, e formación da conseguinte bolsa de traballo, cuxas características son:

Núm. de vacantes: 1.

Posto de traballo: condutor/a tractorista.

Vínculo: persoal laboral fixo.

Escala: Administración especial.

Subescala: Servizos especiais.

Grupo: IV.

Servizo e unidade de adscrición: Obras e Servizos. Medio Ambiente.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A publicación da lista provisional, de ser o caso, e da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas relativas a este proceso selectivo efectuarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña. A publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia [https://noia.sedelectronica.gal] e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.

Noia, 25 de marzo de 2026

Francisco Pérez Caamaño
Alcalde